Páxinas

martes, 8 de agosto de 2006

Incendio en Arbo

Esta fin de semana foi de visitas e fumes. Fomos ata o verdadeiro Acedre a visitar os avós e constatar o devalo da aldea. Tamén estivemos polo Morrazo con amigos e novas xeracións e respirando fume e limpando do corpo as muxicas que inzaban como feila rebelde.
O domingo á noite chamou a nai de Ana que ardeu en Arbo todo o monte arredor da casa e os avós tiveron que ir durmir a outra casa que non respiraban. Onte luns fomos alá e á tarde reproduciuse o lume e tiven que estar cos veciños e os bombeiros de Melgaco controlando o lume que arrodeaba unha casa veciña. Pasou un helicóptero ( gholicótero dixo un veciño) pero botou auga noutro incendio máis alonxado.
Arde Galicia e arde todo. E seguirá ardendo mentres non cambie a política forestal e a mentalidade da xente. O monte ten muitos inimigos.

9 comentarios:

  1. Benvidos de novo por estes lares!!!
    Nós seguimos en Coroso e é terríbel todo o que algúns lle estásn dando de comer ao lume. Moi triste.
    A ver se cando te instales entre nós, Leo, vai callando máis o sentidiño. Vas ter que arrimar o ombro como o que máis!
    Beixiños

    ResponderEliminar
  2. benvido á blogosfera!
    nestres intres non podo saír da casa porque estamos rodeados, non se respira, cortaron o tráfico a poucos metros da miña casa, o lume esta moi preto da gasolineira e as chamas cercan a mítica discoteca para os vellos "la luna"...
    graciñas pola túa mensaxe no meu blog. ti é os demais dechedesme moitos ánimos! gracias!

    ResponderEliminar
  3. "o monte ten muitos inimigos". Tes toda a razón. E tamén moitos intereses...

    ResponderEliminar
  4. por aquí, no morrazo tampouco se respira. os incendios en poio están a ser terribles. xa non queda monte por arder...

    ResponderEliminar
  5. Non entendo unha terra que se afoga nas súas propias lapas e destrue a súa riqueza. Dame mágoa que esa terra sexa a miña.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Moita sorte, para leo e mais os seus na súa loita pola vida e contra o lume :-)

    ResponderEliminar
  7. Xa o dixen en máis blogs
    Asisto dende unha estupefacción absoluta a un feito que en máis dunha ocasión vivín de preto en Galicia, sinto unha profunda tristura e unha dor non exenta de rabia.

    ResponderEliminar
  8. Todos coñecemos os diferentes intereses que hai en queimar o monte,para construir, para vender madeira, para montar parques eólicos, para facer novo pasto, por vinganzas persoais, etc, etc. E mentres non cambie o tipo de bosque e o emprego del non se lle dará nin valor nin se cuidará.
    E non miro a solución ó problema en curto nin medio prazo.

    ResponderEliminar
  9. neste ano 2009 seica houbo máis incendios ca o ano pasado, pero moitas mais hectáreas queimadas...
    ¡pois eu non vin tanto despliegue informativo coma outros anos!
    ¿será que é xogar a que o que non se ve na tele non ocurre?

    ResponderEliminar

És humano ti ?