
Xa empezou a vendima en Arbo e co ela a volta ás palabras típicas (monicos, ghapio, outonos, híbados, espalleres,etc); a volver diferenzar as castes de uvas e a non perderse entre as diferentes viñas. Xa vendimamos tintas no Couto, no San Benito, Reghengo, Correlos, Tumbalobos, Louriña e nas Carmelas. As tintas poden ser Caíño (na foto), Mencía, Collón de Ghalo, Barancello, etc. das castes galegas ou Xaque, Gharnacha das foráneas. Hoxe fomos vendimar branco Albariño en Suborribas para a
adega. A adega só admite uva branca Albariña e Treixadura (a vindeira semana). Mañá seguiremos coa vendima pero xa non sei en que finca.
Ata outra.
É un traballón o da vendima, pero tamén é un deses labores que deixan no corpo unha estraña sensación de felicidade.
ResponderEliminarAí vai unha aposta: Leo vai nacer o 15.
Cantas palabras fermosas e descoñecidas, sinto algo de saudade léndoas mais tamén sinto a alegría da vendima.
ResponderEliminarPois eu aposto pola chegada de Leo o 18.
Menudo manual condensado de uva,viño e terra...asi da gusto aprender
ResponderEliminarIso é dominio da vendima, si señor!! Biquiños :)
ResponderEliminarE que ricas están todas!!!! e que dicer do viño...onde vivo agora cren que o único viño bo é o seu.....o que se perden....jeje
ResponderEliminarconta mais acedre!!! eu nunca estiven nunha vendimia e ti es un cronista marabilloso. Conta mais!
ResponderEliminarQue a vendima sexa boa! :)
ResponderEliminarEu creo que o Leo chegará o 20, hehe.
a ver se sáe boa!!
ResponderEliminarun saúdo.
creo que o meu pai acaba de botar a perder o viño! mmm seguiremos informando, pero acá no hío estamos en crise. Un ienxperto no medio de dúas lagharetas non debe ser bo asunto!
ResponderEliminarTodo un curso de enología na parte que atinxe á uva, só feito en falta o rendemento por quilo.
ResponderEliminarGardarei o post :)
huuuum o meu reino por un caiño
Que tal leo e os pais de leo.
Unha forte aperta
diossss
ResponderEliminarfíxoseme a boca auga!
non sabes "cantísimo" me gusta comer a uva esa de facer viño
todassss, todassss
(unhas mais ca outras é verdade) pero gústanme desde as acedas as dulciñas...
(mais case nunca teño oportunidade)