Páxinas

venres, 6 de outubro de 2006

O nécoro e a cantinela do queixo, queixolán

Co nacemento de Leo apréndense cousas novas e lémbranse outras case esquecidas. Eu, por exemplo, aprendín que hai xente que lle chama nécora a un neno recén nacido. Pensaba eu que era un nome inventado pola familia que o dicía no hospital pero topei nun dicionario a palabra nécoro que significa neno recén nacido. Así que Leo, de momento, é un nécoro e eu chámolle necoriño.

E unha das cousas que lembramos é unha cantinela infantil co nome das partes da cara. Cántase tocando o neno cos dedos na parte nomeada:

- Este queixo, queixolán;
esta boca pide pan;
este narís, narisete;
estes ollos de pisquete;
toma, toma, carneirete.
E dáselle duas toupadiñas na fronte.

En fin, isto de ter un fillo é rexuvenecerse un pouco.

15 comentarios:

  1. Eu fixen unha variación e de caranguexiños ou nécoros pasei a centoliños, ¡é que hai que ver o que van medrando!

    A peza musical aprendereina para aprenderlla. Agradezo moito suxerencias semellantes.

    ResponderEliminar
  2. E recordas como é iso de rirse un pouco máis de todo... do bo e do malo, porque os nenos volven a un sempre algo rapaz, de novo.

    ResponderEliminar
  3. A canción que me cantaban a min tiña algunhas variantes:
    - Este queixo, queixolán;
    esta boca pide pan;
    este narís, narisete;
    este ollo periquete;
    esta testa, testaruda;
    e esta cabeza... peluda!
    E revolvíanme o escaso pelo que tiña, hehehe.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. hehehe... xa, xa, dimo a min...

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Que post tan bonito!!!!!!
    O papá pelacho tamén a lembra :)

    ResponderEliminar
  6. Gústame moito cantar, debe de ser que nacín en familia de cantareiros, e na casa pola noite cantábannos para durmir, eu sempre lembro a de Rosalía: "Miña santiña, miña santasa miña cariña de calabasa ..."

    Unha apreta moi forte para os tres!

    ResponderEliminar
  7. ohhhhhhhhhh! eu tamén lembro esa canción........que ben!!!!!!aapertas!

    ResponderEliminar
  8. Estou con Leco é un post ben lindo!!.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  9. A magdalena de Proust é unha carallada ao lado destas verbas que me achegan á nai

    ResponderEliminar
  10. alguen podía subila coa musica así podo cantarlla a Santi?

    ResponderEliminar
  11. Aínda te atopo agora! Noraboa! Parabéns!, en fin, todas esas cousas. É unha cucada ese neno. :)

    ResponderEliminar
  12. Noraboa!! Había días que non pasaba por aquí. Aproveita o momento: o tempo pasa voando e cando te deas conta o cativo xa estará na Universidade.

    ResponderEliminar
  13. Felicidades polo teu necoriño!!

    ResponderEliminar
  14. Graciñas polos vosos comentarios. Gustoume facer lembrar a máis dun as cousas que nos dicían na nenez.
    Isto da paternidade dá para muitas anécdotas...

    ResponderEliminar
  15. mois miña nai diciame:
    este queixo queixolán
    esta boca pide pan
    este ollo pispirete,
    este naris, narisete
    ¡arríncate cabalete!
    e colliame a puntiña do naris
    cos seus dous dedos facendo pinza,
    doia un pouco e eu as veces ría e as veces choraba.
    era ben pequeniña, segun ela, cando mo facía,
    e non me esqueceu nunca.

    ResponderEliminar

És humano ti ?