Páxinas

xoves, 30 de novembro de 2006

O compañeiro marroquino



O meu novo traballo é nunha empresa de granito da que non vou dicir o nome. Estou no parque de bloques que son eses "azucarillos" de dez a vinte toneladas. Veñen en camión e hai que "aparcalos" cun guindastre ata que se leven a cortar. Tamén estou encarregado de cargar dúas cortadoras de bloques en chapóns e limpar a zona.

Os compañeiros son do suroeste de Galicia menos un marroquino que é o meu mestre. O seu apelido é Nonmefaledes e chapurrea un galego-portugués simpático. Aparte de ensinarme o choio ensinoume a dicir graciñas en árabe: sokrán e escribiu o meu nome en árabe, como ben se ve na imaxe.

En canto á familia dicir que todo vai ben. O Leo ri e gaguexa e segue medrando e engordando.

Ata outra.

10 comentarios:

  1. Sinxelo e fermoso...eu tamén teño escrito o meu, e o do Xeógrafo...heino de fotografar para facerche a competencia (je, je).

    Alédome moito de que o pequecho vaia medrando e enghordando e de que esteades todos ben...

    Unha apreta forte para os tres!!

    ResponderEliminar
  2. Dalle duro ao granito (de porriño?) paideleo e ánimo

    ResponderEliminar
  3. sentache moi ben o árabe para escribir o teu nome. Graciñas polas cronicas que sempre deixas. Mereces un premio ao mellor cronista do blogomillo...

    ResponderEliminar
  4. Vexo que o traballo inspira igual de ben e que tamen topas con xente interesante. Que todo vaia ben!

    ResponderEliminar
  5. Pois paréceme un traballo moi entretido... sobre todo porque aprendes idiomas... ;)
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  6. Cando fun a Túnez tamén me escribiron o meu nome en árabe e unha das sílabas parece unha cara sorrinte, é curioso... E un guía aprendeunos a contar ata 5 e... a brindar!!
    Xa teño ganas de ver unha foto de Leo, seguro que está precioso!
    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Salam.

    Aproveita esa man que che ofrece achegarte á fascinante cultura marroquí...

    Besalama.

    ResponderEliminar
  8. Agardo que a xente deste traballo sexa tan boa coma a que atopaches en Virxinia.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. Pois non se pode negar que lle quedou bonito.

    ResponderEliminar

És humano ti ?