Páxinas

venres, 22 de decembro de 2006

O conto das Pupieiriñas



Din que os galegos non temos personaxe nadaleira típica. Din que o Papa Noel non é noso, nin os Reis Magos; din que tampouco temos un Olentzero basco, un Vello Inverno ruso ou unha Befana italiana. Iso din. Pero eses que din iso non saben que temos as Pupieiriñas que saen no debuxo feito case por miragre xa que son practicamente invisibles polo diminutas que son. As Pupieiriñas aliméntanse de pupias ( miolo de pan ) e viven no bosque pertiño de fontes e lagoíñas. Son rápidas e silandeiras. Hai veces que sentes un asubío e unha sensación de ser visto cando elas andan ben perto. O seu traballo é adiviñar os agoiros de naipelos e nenos que aínda non falan e non poden pedir agasallos polo Nadal. Logo que o saben van lixeiras contarllo ó ser que leva os presentes en cada lugar do mundo.
Así que xa sabes: a fama lévana outros e o traballo está feito por unhas galeguiñas espilidas.
Que a túa Pupieiriña atine co teu agasallo e axude a que teñas unhas boas festas.

20 comentarios:

  1. Tes que perdoarme, pero roubeiche este post pro meu blogo de lendas...

    http://www.blogoteca.com/lendas/

    ResponderEliminar
  2. Nom conhecia! Que bonito!

    ResponderEliminar
  3. Eu xa sabía que deixar de estar nos E.U.A. non era razón `para que deixaras de descubrirnos cousas, marabillosas coma esta as mais das veces.
    Unha aperta para ti e os teus.

    ResponderEliminar
  4. Alto aí todos !!. Sinto dicir que non é unha lenda tradicional o que escribín senón un exercicio literario meu. A verdade é que sería bonito que houbese Pupieiriñas no folklore galego. Quizais se facemos como que existen de verdade...

    ResponderEliminar
  5. bueno, agora xa o sei, senón igual metía tamén a gamba, :D

    ResponderEliminar
  6. Boas festas amigo...e o que temos os galegos..españados polo mundo para que outros leven o probeito do noso chollo...seguro que baltasar tiña apelido galego :) Grazas por pasar por o meu blog

    ResponderEliminar
  7. Boas festas compañeiro...coas dosis xustas de todo...boa historia si señor

    ResponderEliminar
  8. belísima lenda que lle hei de contar á miña. e por agora, reciba os meus desexos de felicidade xunto a ese neno e o resto dos seus

    ResponderEliminar
  9. E que a túa tamén acerte contigo e os teus.

    ResponderEliminar
  10. Moitas gracias polos teus desexos. Agardo que ti tamén pases unhas boas festas, que seguro que son das máis especiais da túa vida por ser as primeiras xunto a Leo.
    Os meus mellores desexos para o vindeiro ano e oxalá sigas agasallándonos cos teus fermosos relatos.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. (Supoñía que era a historia era inventada)

    Deberías pensar en serio en publicar as historias en papel... Podo imaxinar unha saga de historias sobre os marabillosos seres que habitan as nosas fragas...

    ResponderEliminar
  12. Moi fermosa a historia.

    Veña, pasade boa noite e portádevos con corrección, que este ano tedes un convidado novo e especial!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  13. Bo nadal!! Para ti, para Ana e o naipelo xD Que risa co da lenda, alto aí!! A ver agora quen atopa a intrusa no blogo de lendas de manuel rivas. Acedre, tes que ser consciente da credibilidade que che outorgan os membros do blogomillo, non che é unha carallada!! Jeje... Felices festas de novo e a ver se hoxe Papá Noel se porta ben que como teñamos que agardar polas Pupieiriñas imos bós!!

    ResponderEliminar
  14. Que bonita lenda... encantoume... que pasen Leo e os seus unha bonita noiteboa...

    ResponderEliminar
  15. Pois o que têem as lendas é que, uma vez liberadas da nossa imaginação, têem vida própria e a gente começa crer nelas. Sabe-se lá se dentro duns anos a gente não contará das Pupieirinhas aos filhos!

    Bom Natal e um ano novo estupendo para ti e os teus.

    ResponderEliminar
  16. Non nos pode facer crer e descrer asi coma así. Paideleo, ten que asumir a súa responsabilidade á hora de crear para nós un imaxinario colectivo ou teremos que acabar interpoñendo unha demanda contra vostede por destrutor, previa creación (sen dúbida a xuíza atopará nisto un atenuante), de soños fermosos.
    Boas Festas para toda a familia.

    ResponderEliminar
  17. Apreçado paideleo.
    Sou a rifenha de Vimianço do escunchador.blogaliza.org e o casais pequeno do escunchador.blogspot.com.
    Como a minha cabecinha leva perto de trinta anos trabalhando com meninhos,e jà nunca foi muito organiçada, anda algo estragada e esquecí minha senha do escunchador.blogaliza.org no Rif, e nom posso entrar poara responder ao teu garimoso comentário que me chegou por correio.
    Desde aquí quero dar-che as graças, os parabéns polo teu blogue, cada dia mais fermoso e mágico, biquinhos para o Leo e apertas e bom natal para todos. A ver se consigo me mover sem me apegar na aranheira e posso volver ao escunchador para seguir escunchando minhas espigas de colores desde Vimianço.

    ResponderEliminar
  18. Pois, pola miña parte, xa a estou incorporando o meu imaxinario, e, a partires de hoxe, @s meus sobriñ@s esperarán o nadal pensando nas Pupieriñas!!!

    Grazas e feliz aninovo!

    ResponderEliminar
  19. Encantoume, das máis bonitas que inventache. Segue please!

    ResponderEliminar

És humano ti ?