Páxinas

mércores, 13 de decembro de 2006

Santa Lucía



Hoxe foi Santa Lucía, santa avogosa da vista e patroa de varias profesións coma oculistas, modistas e canteiros entre outras profesións. E os canteiros que teñen que ver coa vista ?, preguntaredes. Pois ten unha resposta sinxela: cando se martela ou pica unha pedra saltan pedriñas e poden fastidiar un ollo.

E aparte de Santa Lucía hoxe está de aniversario o home da foto que mira para a cámara, a persoa á quen lle debo o meu amor pola lectura. E non hai mellor agasallo que un libro dun blogueiro amigo que seica vai deixar de escribir o seu blogo para o meu pesar e doutros. Évos cousas da vida.

4 comentarios:

  1. Parabéns para el, e magoa que Veloso deixe o blogue...

    ResponderEliminar
  2. Graciñas por todo, Paideleo. Unha aperta dende a fría mañá de Zamora.

    ResponderEliminar
  3. Do que se entera un. Así que o rei de copas fecha o negocio.

    ResponderEliminar
  4. Parabens para o teu "padriño literario" e tamén eu sinto moito que marche Veloso do blogomillo...

    ResponderEliminar

És humano ti ?