Páxinas

mércores, 27 de decembro de 2006

Tres meses



Hoxe o Leo fai tres meses. Como pasa o tempo !. Agora está feito un mozote que ata parece que le o conto. Cada día está millor dos gases e pasa máis tempo esperto xogando coas luces e a música, gaguexando ou rindo. Agora sorrí a miudo e agarra dos pelos. Vaia, que progresa adecuadamente e medra case sen decatarnos. E que siga.

9 comentarios:

  1. Así, así diante dun libro...moi bo comezo. Unha apreta e un estupendo ano novo para toda a vosa familia.
    Bicos e apretas

    ResponderEliminar
  2. de aquí a un pouca xa lle saberá os nomes ao chispa e mais ao tatá dos bolechas. Por certo, é o retrato do pai :)

    ResponderEliminar
  3. que guapo que está!!! ainda me lembro de cando fixestedes a proba coa taboa chinesa e saiu que ia ser neno! Tes razón, o tempo fuxe cando estamos disfrutando dos nosos fillos.

    ResponderEliminar
  4. Que foto máis bonita, así, diante dun libro... ;)
    Parabéns!!

    ResponderEliminar
  5. mira para el, con os bolechas!, ;D

    cando comezan a sorrir é o mais grande!

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Gran idea: tres meses e xa vendo un libro. ¡Como non vai progresar adecuadamente! Felicidades para todos.

    ResponderEliminar
  7. Que riquiño é!! Parécese a ti :)

    ResponderEliminar
  8. Este pícaro está cada vez máis guapo, parece un sol.
    Unha aperta para Leo, Ana e para ti.
    ;)

    ResponderEliminar
  9. Que rapazolo Paideleo gastas!...esas bochenchiñas estan para peliscalas!.Este rapaz promete si señor!

    ResponderEliminar

És humano ti ?