
Hoxe o Leo fai tres meses. Como pasa o tempo !. Agora está feito un mozote que ata parece que le o conto. Cada día está millor dos gases e pasa máis tempo esperto xogando coas luces e a música, gaguexando ou rindo. Agora sorrí a miudo e agarra dos pelos. Vaia, que progresa adecuadamente e medra case sen decatarnos. E que siga.
Así, así diante dun libro...moi bo comezo. Unha apreta e un estupendo ano novo para toda a vosa familia.
ResponderEliminarBicos e apretas
de aquí a un pouca xa lle saberá os nomes ao chispa e mais ao tatá dos bolechas. Por certo, é o retrato do pai :)
ResponderEliminarque guapo que está!!! ainda me lembro de cando fixestedes a proba coa taboa chinesa e saiu que ia ser neno! Tes razón, o tempo fuxe cando estamos disfrutando dos nosos fillos.
ResponderEliminarQue foto máis bonita, así, diante dun libro... ;)
ResponderEliminarParabéns!!
mira para el, con os bolechas!, ;D
ResponderEliminarcando comezan a sorrir é o mais grande!
un saúdo.
Gran idea: tres meses e xa vendo un libro. ¡Como non vai progresar adecuadamente! Felicidades para todos.
ResponderEliminarQue riquiño é!! Parécese a ti :)
ResponderEliminarEste pícaro está cada vez máis guapo, parece un sol.
ResponderEliminarUnha aperta para Leo, Ana e para ti.
;)
Que rapazolo Paideleo gastas!...esas bochenchiñas estan para peliscalas!.Este rapaz promete si señor!
ResponderEliminar