Páxinas

venres, 1 de decembro de 2006

Descrición da parroquia de Pombistán



A parroquia onde traballo é típica, rural e común. Está formada por casas unifamiliares ciscadas aquí e acolá e cada unha coa súa finca e o seu peche distinto das outras. Entre esas casas hai almacéns, fábricas, bares, un taller, unha carnicería, un almacén de pensos, unha ferretería e un puticlub de mala morte. Nun altorelo está a asociación de veciños adornada con árbores de folla caduca. Tamén ten unha lagoa que está nun entorno cun nome tan lendario como a Volta da Moura. En fin, o típico. Pero o que máis me extraña é a obsesión dos veciños polas pombas que aproveitan calquera espazo para montar pombais. E de mostra deixo estas dúas fotos para que coñezas un chisco da parroquia onde traballo que non podería bautizala doutra maneira que como Pombistán.

7 comentarios:

  1. Poderíase dicir que é unha parroquia coma tantas outras (sobre todo polo do puticlú) se non fose por esa especie de paixón polas pombas.

    ResponderEliminar
  2. E seguro que no puticlú que di Rivas está unha parelliña da garda civil, jaja.

    Olla, o lugar ten o seu encanto.

    ResponderEliminar
  3. Eu anímote a investigar ese "deporte parroquial" seguro que ten unha interesante historia...

    ResponderEliminar
  4. Pois iso dos pombais lembroume que o meu avó Pepe tiña verdadeira paixón polas aves... Saudiños a Leo e ao seu pai!

    ResponderEliminar
  5. Caramba que curioso Pombistán, nunca tal vira . Por certo como vai no traballo?.

    Beijos.
    ;)

    ResponderEliminar
  6. Cada lugar ten o seu encanto non? Será de aí de onde sairá a pombiña da paz?
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Eu, que entrei hoje por primeira vez nesta casa, e vim lendo cara atrás, posso asegurar que Pombistán é a muitíssimo mais ca um puticlú.. O melhos de Pombistán não tava à vista ainda.
    O melhor veu depois.

    ResponderEliminar

És humano ti ?