Páxinas

domingo, 10 de decembro de 2006

Xantar de empresa



Pois si. Onte foi o xantar da empresa e foi estilo voda. Houbo marisco: langostinos e centolos ( agora sei como se chaman en español: cien locos ). Logo houbo cigalas á prancha e lagosta á prancha. Para rematar os mariscos puxeron percebes a fartar. Todos mui bos. Logo tocoulle á carne e a sobremesa. Para beber había viño do Rosal Terras Gauda que baixaba que daba gusto.

Tamén houbo música a cargo do dúo Marema e a actuación do mestre da queimada Mariano que contou chistes variados mentres queimaba a augardente como ben se mira na foto. E non faltaron os discursos do patrón e dun empregado seu fiel coma un can.

En fin; que estivo ben.

6 comentarios:

  1. O que un Terras Gauda é do mellorciño que pode dar a nosa terra.

    ResponderEliminar
  2. Sorte tes! Na voda do outro dia en Madrid non nod deron nin unha gamba.

    ResponderEliminar
  3. Iste non será un conto como o do outro día?

    ResponderEliminar
  4. Non me das envexa polo marisco, que non me gusta, pero o Terras Gauda...
    coincido en que é do mellor do país, no que viños se refire.

    ResponderEliminar
  5. Por que sempre hà um empregado que faz de cão?

    ResponderEliminar
  6. non sabía eu que o teu blog era tan entretido, agora non te cortes, eu son unha tumba, e da familia, (estoume iniciando nesto dos blogs, cando teña algo maís do meu, mando invitación...)

    ResponderEliminar

És humano ti ?