Páxinas

luns, 29 de xaneiro de 2007

Catro meses



Estes días o Leo fixo catro meses e vai ben e riseiro. Puxéronlle a vacina e andou un par de días repugnantiño pero xa lle pasou. Agora pasa muito tempo " falando " só, facendo burbullas coa baba e bota gargalladas cando esperta e cando apareces de sorpresa no seu campo de visión.

14 comentarios:

  1. Parabens para Leo. E vós que o disfrutedes. Hà poucas cousas neste mundo tão maravilhosas coma um bebé. Coma um filho, que che vou dizer...!

    ResponderEliminar
  2. Que sorriso tan fermoso! os meniños aportan frescura e ledicia ás nosas vidas, ganas de vivir e querer!
    noraboa por poder saborear eses momentos co teu filliño!
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Pero se dá ganas de comelo!!! Que lástima que medren tan rápido...

    ResponderEliminar
  4. Parabens para Leo que cada día está máis e máis guapo! e tamén para os pais que fan del un neno feliz, como ben se pode ver na foto. Apertas!

    ResponderEliminar
  5. Pois sí que cambia rápido! E moi ben falado iso do campo visual!Como dirían os meus mestres da facultade o Leo atópase na etapa sensorio-motriz da súa evolución intelectual, e xustiño no medio da fase do balbuceo da etapa prelingüística.
    Canto sei! Je Je Bicos

    ResponderEliminar
  6. Que riquiño, e iso de que ría cando ve a alguén debe ser unha marca de carácter, hai outros que berrean como se os foses comer.

    ResponderEliminar
  7. Xa me contarás como se fai para ter tantos comentarios o instante.
    Bicos para Ana e para o neno.

    ResponderEliminar
  8. Menudo felecho que nos anda o rapas Pai-de-Leo...este si que non precisa do bibe de LK

    ResponderEliminar
  9. Tes un home feito e dereito..Cando te xubiles xa tes a quen deixarlle o Blogo

    ResponderEliminar
  10. encántame esa cara de pillabáns que poñen!, :P

    está moi feitiño o Leo!

    ResponderEliminar
  11. Vese que o criades ben que anda todo feliz e fermoso.

    ResponderEliminar
  12. aiiiiiii, pero que cousiñaaaa!! Tenme tola este neno! Estan máis ricos cando empezan a balbucear...
    Fai case un mes que non podo ver ó meu afillado por culpa dos exames, e o Leo quítame un pouco o mono :)
    Disfrutade moito destes momentos, e feliz cumpremeses para o pequeno.
    unha aperta!

    ResponderEliminar
  13. Que bonitiño está! :D Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  14. Está riquiñísimo. E a ti, non se che cae a baba coma a el? :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?