
Estes días o Leo fixo catro meses e vai ben e riseiro. Puxéronlle a vacina e andou un par de días repugnantiño pero xa lle pasou. Agora pasa muito tempo " falando " só, facendo burbullas coa baba e bota gargalladas cando esperta e cando apareces de sorpresa no seu campo de visión.
Parabens para Leo. E vós que o disfrutedes. Hà poucas cousas neste mundo tão maravilhosas coma um bebé. Coma um filho, que che vou dizer...!
ResponderEliminarQue sorriso tan fermoso! os meniños aportan frescura e ledicia ás nosas vidas, ganas de vivir e querer!
ResponderEliminarnoraboa por poder saborear eses momentos co teu filliño!
Bicos
Pero se dá ganas de comelo!!! Que lástima que medren tan rápido...
ResponderEliminarParabens para Leo que cada día está máis e máis guapo! e tamén para os pais que fan del un neno feliz, como ben se pode ver na foto. Apertas!
ResponderEliminarPois sí que cambia rápido! E moi ben falado iso do campo visual!Como dirían os meus mestres da facultade o Leo atópase na etapa sensorio-motriz da súa evolución intelectual, e xustiño no medio da fase do balbuceo da etapa prelingüística.
ResponderEliminarCanto sei! Je Je Bicos
Que riquiño, e iso de que ría cando ve a alguén debe ser unha marca de carácter, hai outros que berrean como se os foses comer.
ResponderEliminarXa me contarás como se fai para ter tantos comentarios o instante.
ResponderEliminarBicos para Ana e para o neno.
Menudo felecho que nos anda o rapas Pai-de-Leo...este si que non precisa do bibe de LK
ResponderEliminarTes un home feito e dereito..Cando te xubiles xa tes a quen deixarlle o Blogo
ResponderEliminarencántame esa cara de pillabáns que poñen!, :P
ResponderEliminarestá moi feitiño o Leo!
Vese que o criades ben que anda todo feliz e fermoso.
ResponderEliminaraiiiiiii, pero que cousiñaaaa!! Tenme tola este neno! Estan máis ricos cando empezan a balbucear...
ResponderEliminarFai case un mes que non podo ver ó meu afillado por culpa dos exames, e o Leo quítame un pouco o mono :)
Disfrutade moito destes momentos, e feliz cumpremeses para o pequeno.
unha aperta!
Que bonitiño está! :D Parabéns!!!
ResponderEliminarEstá riquiñísimo. E a ti, non se che cae a baba coma a el? :)
ResponderEliminar