Páxinas

martes, 16 de xaneiro de 2007

Confiando no futuro



Hai xustiño un ano que Ana máis eu nos enteirabamos polo predictor de que o Leo viña en camiño. Aquel día escribín no blogo que levaba nos EEUU falando de que tiña morriña. A verdade era outra pero quería expresar o meu sentir aínda que fose debido a outro motivo. Aquel día entráronnos muitas dubidas e temores sobre o futuro. Hoxe podemos dicir que se poña o futuro aí diante que o rillamos cru ou con patacas.

20 comentarios:

  1. O amor, nunca duvida .
    Sempre vai cara adiante, e pode com tudo....

    ResponderEliminar
  2. que manciña!!, alédome por vos, bicos!

    ResponderEliminar
  3. Está ben mirar atrás para saír adiante cunha reflexión tan positiva como a túa e cunha foto e uns sentimentos tan bonitos coma os que nos deixas ver.
    Alégrome moito por vós.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Como dice miña avoa, o que non mira para adiante, quédase atrás. Seguro que o Leo agradece esa determinacion.
    A foto, a mais bonita que vin no blogomillo. Con diferencia.

    ResponderEliminar
  5. Que tenrura de foto!!!!! preciosa!! Noraboa Pai de Leo!
    Chámase Leo?
    Un bico de Yoli :-)

    ResponderEliminar
  6. pois si, moi fermosa foto, e grande descripción tamén do clásico momento predictor, ;)

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. A foto e ti xa o decides todo Pai-pai

    ResponderEliminar
  8. que bonita a foto! parabéns e a seguir adiante!! ;)

    ResponderEliminar
  9. Encantame a foto, encantadesme vos, as tuas verbas, a vosa forma d pensar e d ver a vida en xeral, non cambiedes nunca.
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  10. E aí está un ano despois o pequeno Leo!!! Parabéns polo resultado e pola ledicia que se vé que destilas cando falas do voso fillo.

    Unha apreta moi grande para volos tres!

    ResponderEliminar
  11. ai, que bonito!

    *Por certo, ó principio custoume adiviñar que Paideleo era o que de feito é. Tamén soa moi ben como palabra inventada. :)*

    Saúdos

    ResponderEliminar
  12. A foto ten todo o necesario para ser o mellor do post, pero o texto sen dubida é necesario para entender a intensidade da que falas. Apertas a ti e a Ana a el?

    ResponderEliminar
  13. "Sen dúbida", parabens!

    ResponderEliminar
  14. Que ademais é a mellor determinación que se pode tomar. Xa dicía meu avó: quen dixo medo, habendo pedras?

    ResponderEliminar
  15. Da gloria vervos collidos da man. Xa me tarda de vervos.

    Unha aperta para os tres.
    :)

    ResponderEliminar
  16. Graciñas a todos polos comentarios e polos piropos sobre a foto que a fixo Ana.
    A verdade é que hai un ano non podiamos imaxinar o que sería o presente... E non está nada mal.

    ResponderEliminar
  17. Noraboa a fotógrafa por eses dous rapaces que ten. ¡Que mans chuliñas ajarradas unha da outra!...ese é o vínculo máis forte do amor.
    Cando sexas velliño, meu pedriño, todo ese derroche de amor será ou debera ser, quen te agarrre a ti da man para levarte ata o cabo da horta para tomar o sol.
    Saúde e terra.

    ResponderEliminar
  18. Sinto repetirme pero a estas alturas é difícil non caer na obviedade da magnífica foto que vos fixo Ana, estupenda metáfora. Titularía o seu post "Que fermoso é vivir", como a película, porque (menos merengoso, cousa que se agradece)é un canto á vida e ao futuro que neste caso veñen sendo a mesma cousa. Parabéns aos tres por este traballo colectivo.

    ResponderEliminar
  19. non hai que terlle medo ao futuro, só respeto ;)

    e tendo xente que che queira á túa beira, pódese facer calquera cousa.

    unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?