
Hai xustiño un ano que Ana máis eu nos enteirabamos polo predictor de que o Leo viña en camiño. Aquel día escribín no blogo que levaba nos EEUU falando de que tiña morriña. A verdade era outra pero quería expresar o meu sentir aínda que fose debido a outro motivo. Aquel día entráronnos muitas dubidas e temores sobre o futuro. Hoxe podemos dicir que se poña o futuro aí diante que o rillamos cru ou con patacas.
O amor, nunca duvida .
ResponderEliminarSempre vai cara adiante, e pode com tudo....
que manciña!!, alédome por vos, bicos!
ResponderEliminarEstá ben mirar atrás para saír adiante cunha reflexión tan positiva como a túa e cunha foto e uns sentimentos tan bonitos coma os que nos deixas ver.
ResponderEliminarAlégrome moito por vós.
Biquiños.
Como dice miña avoa, o que non mira para adiante, quédase atrás. Seguro que o Leo agradece esa determinacion.
ResponderEliminarA foto, a mais bonita que vin no blogomillo. Con diferencia.
Que tenrura de foto!!!!! preciosa!! Noraboa Pai de Leo!
ResponderEliminarChámase Leo?
Un bico de Yoli :-)
Fermosa foto!
ResponderEliminarpois si, moi fermosa foto, e grande descripción tamén do clásico momento predictor, ;)
ResponderEliminarun saúdo.
A foto e ti xa o decides todo Pai-pai
ResponderEliminarque bonita a foto! parabéns e a seguir adiante!! ;)
ResponderEliminarEncantame a foto, encantadesme vos, as tuas verbas, a vosa forma d pensar e d ver a vida en xeral, non cambiedes nunca.
ResponderEliminarBqñs.
E aí está un ano despois o pequeno Leo!!! Parabéns polo resultado e pola ledicia que se vé que destilas cando falas do voso fillo.
ResponderEliminarUnha apreta moi grande para volos tres!
ai, que bonito!
ResponderEliminar*Por certo, ó principio custoume adiviñar que Paideleo era o que de feito é. Tamén soa moi ben como palabra inventada. :)*
Saúdos
A foto ten todo o necesario para ser o mellor do post, pero o texto sen dubida é necesario para entender a intensidade da que falas. Apertas a ti e a Ana a el?
ResponderEliminar"Sen dúbida", parabens!
ResponderEliminarQue ademais é a mellor determinación que se pode tomar. Xa dicía meu avó: quen dixo medo, habendo pedras?
ResponderEliminarDa gloria vervos collidos da man. Xa me tarda de vervos.
ResponderEliminarUnha aperta para os tres.
:)
Graciñas a todos polos comentarios e polos piropos sobre a foto que a fixo Ana.
ResponderEliminarA verdade é que hai un ano non podiamos imaxinar o que sería o presente... E non está nada mal.
Noraboa a fotógrafa por eses dous rapaces que ten. ¡Que mans chuliñas ajarradas unha da outra!...ese é o vínculo máis forte do amor.
ResponderEliminarCando sexas velliño, meu pedriño, todo ese derroche de amor será ou debera ser, quen te agarrre a ti da man para levarte ata o cabo da horta para tomar o sol.
Saúde e terra.
Sinto repetirme pero a estas alturas é difícil non caer na obviedade da magnífica foto que vos fixo Ana, estupenda metáfora. Titularía o seu post "Que fermoso é vivir", como a película, porque (menos merengoso, cousa que se agradece)é un canto á vida e ao futuro que neste caso veñen sendo a mesma cousa. Parabéns aos tres por este traballo colectivo.
ResponderEliminarnon hai que terlle medo ao futuro, só respeto ;)
ResponderEliminare tendo xente que che queira á túa beira, pódese facer calquera cousa.
unha aperta