Páxinas

mércores, 24 de xaneiro de 2007

Meruxes


O tempo anda tolo e o outro día case era primavera e agora é inverno. Polas beiras das estradas en Vigo había un feixe de frores amarelas como as da foto. Cando eu era pequeno eu, meu irmán e uns veciños iamos tirarnos a rebolos polo valado do Colexio Fogar de San Roque en Vigo. Cando parabamos colliamos as frores e chuchabamos os talos que soltaban un zume avinagrado. O outro día díxome o meu sogro que esas frores se chaman meruxes... É bonito pórlle nome ás lembranzas da nenez.

21 comentarios:

  1. Na beira do Castro, pertiño do Colexio Fogar, eran simplemente "vinagretas". E non estaban nada mal.

    ResponderEliminar
  2. Eu até penso que se comem em ensaladas. Hei pesquisar a ver se atopo algo.
    Por certo. O problema já fica resolto.
    Muito obrigada com você polo seu interês

    ResponderEliminar
  3. Gústame moito a última frase do post... tes aptitudes poéticas, eh?, ;P

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén chuchaba. Hoxe en día, se calquera neno o fixese, os pais irían correndo para levalo a urxencias procurando a House.

    ResponderEliminar
  5. Na miña zona chamámoslles chuchameles. E, si, teño chuchado moito neles. :D

    ResponderEliminar
  6. OLa! hai tempo que non che escribía, perdoa.
    As florciñas da foto son das miñas favoritas, en serio, son silvestres, salvaxes, chamativas, primaverais!!
    eu entereime do nome hai pouco, polo veciño de aquí arriba, Modesto, que se chamaban chuchameles, agora, grazas a ti, sei un novo nome. Un post moi fermoso, e que lembranzas me traes da infancia!!
    Un bico con pétalos :-)

    ResponderEliminar
  7. Eu coñecias como chuchameles, e tamén como vinagretas.

    ResponderEliminar
  8. Eu sempre lles chamei vinagretas a esas flores coas que xogaba na aldea, hehehe....
    PS: E aínda non me levaron a House... :P

    ResponderEliminar
  9. eu tamén coñezo ben o Colexio Fogar de Vigo. Tiña familía traballando alí e sempre que ía a Vigo visitábao.

    unha aperta

    ResponderEliminar
  10. Na miña escola saltábamos un muro para ir ó terreo do hospital do lado e coller os chuchameles (tamén oira o de vinagretas). Para min son lembranzas de excursións aventureiras.
    Grazas por traelas de volta, meu. :-)

    ResponderEliminar
  11. no se llamaban chuchameles? creo que si volviera a chupetear una de esas vainas sufriría una regresión brutal hasta mi época de pañales cotonificio. menudo viaje. un abrazo para leo.

    ResponderEliminar
  12. Meruxes...si señor,nós faciamos o mesmo, a chuchar :)...farano os rapaces no futuro...:)

    ResponderEliminar
  13. En Corme vinaghretas. Zughameles son as madreselvas.

    ResponderEliminar
  14. chuchameles creio eu tambén...qe me deçian de pequeno que estaban contaminadas pq era onde ían a mexar os cans e as cadelas...

    ResponderEliminar
  15. A miña lembranza de nenez tiña por nome "chuchamel". XDD.


    (e non tan de nenez, que aínda o sigo a facer).


    Saúdos.

    ResponderEliminar
  16. Aquí as temos iguais pero vermellas e, de nena, tamén chuchaba nelas un zume ainda que acá non é avinagrado senón doce. Pero tes razón: o tempo está tolo e a culpa non é del, senon nosa...

    ResponderEliminar
  17. A min tamén me traen lembranzas, de cando ía a aldea coa miña nai e mas ensinaba, que eu nacido entre asfalto e cemento non as daría recoñecido na vida.

    ResponderEliminar
  18. É casualidade, acabo de ler un artigo onde dicía algo como que as palabras inventámolas os homes para delimitar a nosa realidade.
    Pedriño, os recordos sempre están cheos de emocións e fermosas palabras. Polomenos os bons recordos que son os que deberían estar sempre presentes.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  19. Eu sempre quixn ser chuchador de frores

    ResponderEliminar
  20. Ai! Que lindo! "chuchador de flore"! Aínda estás a tempo!!
    Mais non creo que sexa moi pracenteiro facelo coas espiñas das rosas e dos toxos (ten coidado!)

    MORALLA*

    ResponderEliminar
  21. Para min sempre foron chuchameles ;)

    Un saúdo.


    P.D.: Bonito blog.

    ResponderEliminar

És humano ti ?