
O tempo anda tolo e o outro día case era primavera e agora é inverno. Polas beiras das estradas en Vigo había un feixe de frores amarelas como as da foto. Cando eu era pequeno eu, meu irmán e uns veciños iamos tirarnos a rebolos polo valado do Colexio Fogar de San Roque en Vigo. Cando parabamos colliamos as frores e chuchabamos os talos que soltaban un zume avinagrado. O outro día díxome o meu sogro que esas frores se chaman meruxes... É bonito pórlle nome ás lembranzas da nenez.
Na beira do Castro, pertiño do Colexio Fogar, eran simplemente "vinagretas". E non estaban nada mal.
ResponderEliminarEu até penso que se comem em ensaladas. Hei pesquisar a ver se atopo algo.
ResponderEliminarPor certo. O problema já fica resolto.
Muito obrigada com você polo seu interês
Gústame moito a última frase do post... tes aptitudes poéticas, eh?, ;P
ResponderEliminarEu tamén chuchaba. Hoxe en día, se calquera neno o fixese, os pais irían correndo para levalo a urxencias procurando a House.
ResponderEliminarNa miña zona chamámoslles chuchameles. E, si, teño chuchado moito neles. :D
ResponderEliminarOLa! hai tempo que non che escribía, perdoa.
ResponderEliminarAs florciñas da foto son das miñas favoritas, en serio, son silvestres, salvaxes, chamativas, primaverais!!
eu entereime do nome hai pouco, polo veciño de aquí arriba, Modesto, que se chamaban chuchameles, agora, grazas a ti, sei un novo nome. Un post moi fermoso, e que lembranzas me traes da infancia!!
Un bico con pétalos :-)
Eu coñecias como chuchameles, e tamén como vinagretas.
ResponderEliminarEu sempre lles chamei vinagretas a esas flores coas que xogaba na aldea, hehehe....
ResponderEliminarPS: E aínda non me levaron a House... :P
eu tamén coñezo ben o Colexio Fogar de Vigo. Tiña familía traballando alí e sempre que ía a Vigo visitábao.
ResponderEliminarunha aperta
Na miña escola saltábamos un muro para ir ó terreo do hospital do lado e coller os chuchameles (tamén oira o de vinagretas). Para min son lembranzas de excursións aventureiras.
ResponderEliminarGrazas por traelas de volta, meu. :-)
no se llamaban chuchameles? creo que si volviera a chupetear una de esas vainas sufriría una regresión brutal hasta mi época de pañales cotonificio. menudo viaje. un abrazo para leo.
ResponderEliminarMeruxes...si señor,nós faciamos o mesmo, a chuchar :)...farano os rapaces no futuro...:)
ResponderEliminarEn Corme vinaghretas. Zughameles son as madreselvas.
ResponderEliminarchuchameles creio eu tambén...qe me deçian de pequeno que estaban contaminadas pq era onde ían a mexar os cans e as cadelas...
ResponderEliminarA miña lembranza de nenez tiña por nome "chuchamel". XDD.
ResponderEliminar(e non tan de nenez, que aínda o sigo a facer).
Saúdos.
Aquí as temos iguais pero vermellas e, de nena, tamén chuchaba nelas un zume ainda que acá non é avinagrado senón doce. Pero tes razón: o tempo está tolo e a culpa non é del, senon nosa...
ResponderEliminarA min tamén me traen lembranzas, de cando ía a aldea coa miña nai e mas ensinaba, que eu nacido entre asfalto e cemento non as daría recoñecido na vida.
ResponderEliminarÉ casualidade, acabo de ler un artigo onde dicía algo como que as palabras inventámolas os homes para delimitar a nosa realidade.
ResponderEliminarPedriño, os recordos sempre están cheos de emocións e fermosas palabras. Polomenos os bons recordos que son os que deberían estar sempre presentes.
Unha aperta.
Eu sempre quixn ser chuchador de frores
ResponderEliminarAi! Que lindo! "chuchador de flore"! Aínda estás a tempo!!
ResponderEliminarMais non creo que sexa moi pracenteiro facelo coas espiñas das rosas e dos toxos (ten coidado!)
MORALLA*
Para min sempre foron chuchameles ;)
ResponderEliminarUn saúdo.
P.D.: Bonito blog.