Páxinas

luns, 1 de xaneiro de 2007

Derradeiro día de 2006



Onte foi o derradeiro día do ano e pasamos bastante do día por Vigo. Á mañá topounos nun centro comercial o amigo blogueiro Opaco e familia e o seu Pedriño quería acariñar a Leo. Despois de xantar no Firs dixen de irmos á praia e así o Leo puido coñecer a praíña onde o seu pai aprendeu a nadar. A praia ten o nome sonoro de O Cocho das dornas e está nunha punta de Samil, onde comezou o topless cando estaba proibido. O día estaba ventoso e o mar revolto e gústame cando está así e nos lembra a pouca cousa que somos.

Como non levamos cámara ilustro este texto cunha foto onde está o pai de Leo cos seus pais nesa praia.

9 comentarios:

  1. Un pracer coñecer á familia enteira, co Leo á cabeza :) Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Que sorte ter unha praia perto, con bon e con mal tempo!

    Feliz Aninovo! que O Leo medre a bon ritmo e que aprenda a ler nos Bolechas... eu tamén llos regalo aos meus sobriños pero con resultados máis que dudosos.

    apertas fortes

    ResponderEliminar
  3. Pois que sea un ano de moitos centímetros para o Leo, e que a felicidade que este lle truxo os seus se perpetue este 2007.

    ResponderEliminar
  4. Dende aquela medraches un chisco...agora semellas un pouco mais grande

    ResponderEliminar
  5. a maior riqueza que pode ter unha praia é o son das risas dos que son felices nela. Vese ben que esa da foto é riquísima!

    ResponderEliminar
  6. Xa estamos no 2007 e non se acabou o mundo. Hai que seguir bogando. Bicos pra todos.

    ResponderEliminar
  7. Da gusto percibir a fertilidade do blogomillo.Así deste xeito a continuidade está asegurada...é curioso, dos dois cativos sempre estiven informado xa moito antes de nacer...agora ata teño curiosidade por coñecelos.
    Un saúdo e os meus mellores desexos para o 2007.

    ResponderEliminar
  8. O mar... A praia... As olas...
    Bo lugar para despedir o ano, para comenzalo... para todo.

    ResponderEliminar
  9. Con esa foto pois queda como mais conceptual, unha viaxe xeneracional, :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?