Páxinas

martes, 23 de xaneiro de 2007

Máis inglés nos productos



Os tempos mudan e hai menos de trinta anos que hai panos de mesa de papel. Antes eran de tea e antes lembro eu que a xente na aldea limpaba a cara larafuzada cun anaco de pan que ía para a boca.

Será polo novo do obxecto que non ten un nome cen por cen galego tradicional e por iso supermercados Froiz no paquete non pon o nome en galego pero si en castelán, portugués e seudoinglés porque o traductor en troques de panos de mesa puxo " sesta de rei ".

Eu prefiro pensar que o traductor é un escritor de contos infantís ou un soñador e non un incompetente.

7 comentarios:

  1. Vostede é un optimista, e un poeta ;-)

    ResponderEliminar
  2. Ou un saboteador surrealista de pretenciosas multinacionais.

    ResponderEliminar
  3. El,Un poeta da celulosa.
    Ti,un benpensado

    ResponderEliminar
  4. pois claro home, vai ser iso.... ;P

    ResponderEliminar
  5. Jajaja, non se che escapa nadiña!!

    ResponderEliminar
  6. Eu leo todo o que me cai nas mans e se topo algunha cousa simpática, pois millor que millor.
    Noutra etiqueta de mel puña para ver a data de caducidade en inglés " sea bottom " no canto de " see bottom " ou sexa " fundo do mar " no canto de " ver no fundo ". Dende logo que o tradutor é un poeta.
    Graciñas pola visita e os comentos.

    ResponderEliminar
  7. Mais be ne un incomprendido :) si todos puxeramos esa ilusion nas ocusas, o papel do cu chamariase por poñer un exemplo PApel icular ou papel de fino...:)

    ResponderEliminar

És humano ti ?