Páxinas

xoves, 4 de xaneiro de 2007

Máis marroquino



Sigo aprendendo algunhas cousas en marroquino como "si" que é "ué" e "si" en árabe "nahán" ou algo así. Tamén sei dicir "non" que é "la" e en árabe "laxé". Pero o que me chista é o falar de Nonfaledes. Unha vez díxenlle que xa me gustaría mover os bloques e as cadeas coma el e díxome "Todos nacemos desnudos" que significa que non nacemos aprendidos. O outro día pregunteille se comera muito na festa do año e díxome que lle doían ata os dentes. Pero a expresión que máis me gusta e o que di cando se despide un camioneiro e el sóltalle: "Tú eres bienvenido para volver".
Imaxe tirada do blogo do escunchador

9 comentarios:

  1. Sabe você,que, aquí, no Rif, quando umha moça é muito linda, na vez de dizer "meu coração" dim "fígado meu"?
    Laila saida, senhor pai de leo
    Laila= Nuite
    Saida= Feliz.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito a despedida.

    ResponderEliminar
  3. os idiomas dan moitas destas fermosas curiosidades, ;)

    ResponderEliminar
  4. As culturas pre-xuzgadas por moitos sorpréndennos sempre (moitas veces de xeito positivo)...canta profundidade,posme trascendente pai-de-leo

    ResponderEliminar
  5. estas son as cousas que mais me gustan do teu blogue. Descubres cousas novas ca ollada limpa dun neno.
    Ti sempre serás benvido para voltar.

    ResponderEliminar
  6. A grande universidade da vida.Xa o dicía F.Pessoa, que había moito xenio durmindo nas guardillas. Eu deime conta fai moito tempo que a xente o que lle gusta é que a escoiten...e moioto aprendín.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Jeje, que curioso todo o que contas/contades por aquí :). Que pensarán miles de estranxeiros dos moitísimos ditos e refráns que temos aquí?
    Apertas!

    ResponderEliminar
  8. Dende logo que detrás de cada persoa hai unha vida, unha historia e unha cultura e sempre é bonito aprender cousas distintas...polo menos para min.
    Un saúdo a todos e que os Reis se portaran ben con todos.

    ResponderEliminar
  9. A interculturalidade é todo o que desencadena é apaixoante.
    Disfrute de esa posibilidade de "viaxar e coñecer outras culturas" sen moverse da casa.

    ResponderEliminar

És humano ti ?