Páxinas

domingo, 11 de febreiro de 2007

Fin de semana chuviñenta e caseira



Esta fin de semana foi mui caseira debido á chuvia. Así que aproveitei para dar unha volta pola interrede adiante e descubrín novos blogos. Liguei algúns deles e outros que me quedaran atrás noutras ocasións. Dáme mágoa non poder comentar en algún ou ter unha conexión tan lenta que non podo ver vídeos interesantes sobre o entroido en terras de Oza ou o falar dos canteiros.

E agora vou durmir que se non me esperta o espertador a pilas espértame o espertador a leite materno.

10 comentarios:

  1. a rede muda ao segundo, todo varia en cuestióm de nada, coma os bebés que nono son por muito tempo, aproveita ese "espertador" que será a milhor lembraça dum sacrificio belíssimo...

    ResponderEliminar
  2. de cando en cando hai que facer unha expedición polo blogomillo descoñecido para atopar grandes novos lugares, :)

    ResponderEliminar
  3. Bonita foto; aquí o domingo tamén foi gris. Bico a Leo.

    ResponderEliminar
  4. O viaxar pola interede eche un viaxe cheo de mundos por descubrir.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén estou descubrindo unha manchea de sitios novos e todos moi interesantes. De paso veño aquí a desculpar o malentendido do aniversario, que ás veces non me explico nada ben. Polo demais, auga e máis auga.

    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. graciñas polas presentacións! por sorte, o blogomillo medra e medra e, ainda que sempre estea eu atrasada no coñecemento dos novos parentes, pareceme fabuloso este crecemento!

    ResponderEliminar
  7. Pois si, cada vez hai máis sitios interesantes na rede ;)
    Ademais o blogomillo medra a altas velocidades, hehehe...
    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  8. Graciñas polos comentarios.
    Ultimamente non escribo muito que caio derrotado polo sono enriba do ordenador. A ver se pasa este tempo que achoucha.

    ResponderEliminar
  9. caramba xa fai días que non podía entrar e non vin ata hoxe a foto de leo, mira que está lindo e espabilado.

    Beijos para os tres.

    ResponderEliminar
  10. Senhor paideleo.
    Umha ledicia para mim que já possa comentar em meu blogue.
    A rede é umha toleria, às vezes, mas é um lugar de encontro que, de outro jeito, de seguro não teriamos.
    Também um lugar para visitar a Galiza desde longe.
    Biquinhos para o Leo e umha aperta para você e a sua Ana.

    ResponderEliminar

És humano ti ?