
Este da caricatura é unha das personaxes destacadas de Vilaguindastre. Nesta imaxe está facendo futing co seu can e podo testificar que o fan ambos con gorro de la vaia frío ou calor. Trátase de Cuquín, un home que no entruido está na súa salsa porque case ten máis disfraces que Mortadelo. Este home ten páxina web e estes días fai unha exposición de fotos dos seus disfraces.
Pois iso, feliz entruido con disfraz ou non.
Lembro ver pasar a este home cando eu traballaba na vila.
ResponderEliminarven pronto a ver a expo-camelias, que se acaban os bombóns. Bikos
ResponderEliminarmimá, que personaxe, non vos debedes aburrir nada por alá.
ResponderEliminarFeliz Antroido e xa nos dirás de que vos disfrazastes!!
ResponderEliminarBoa toha que ten o home ese, xa ten cara de humorista!! agardo desfrutases do entroido e do enterro da sardiña!!
ResponderEliminarbico
Yoli
A ti pásache o mesmo, non deixa de sorprenderte certos comportamentos humanos. É o animal máis pavero :-)
ResponderEliminarSaúde e terra, compañeiro.
Vaia com o senhor Cuquin do Porrinho!
ResponderEliminarEsses personagens, merecem todo meu respeito e agarimo.
São um anaquinho de liverdade no mundo dos uniformes.