Páxinas

venres, 2 de febreiro de 2007

Candeloria e san Brais



Hoxe foi o día da Candeloria e as pombas da fábrica andaban alteradas unhas detrás das outras e mañá é san Brais, xa festa para humanos. Perto das canteiras, a comisión monta o lucerío que se ve ó lonxe e todo o día están botando foguetes que parece que deixan sen pólvora as canteiras. Tamén fan unha empanada xigante que reparten gratis entre o público.

Nós xa non imos pero houbo un tempo no que fomos varias veces e así puideron tirarnos esta foto uns amigos.

Esta foto é case un miragre: a cámara era mala, era noite e o flash non chegaba á distancia ; e aínda así saiu esta foto que me gusta pola frescura que ten.

Boa fin de semana.

4 comentarios:

  1. esto...non entendo o que di jxsjiangso, pero a foto está simpática. Paideleo, parece que queres marchar...

    ResponderEliminar
  2. Si, si, parece que vostede empurra a atracción en vez de ser ao revés. Boa fin de semana para leo e os seus tamén.

    ResponderEliminar
  3. Xa sei de onde sacou Leo esa cara de velocidade...coideseme

    ResponderEliminar
  4. unha foto estupendamente casual e desenfadada, :P

    ResponderEliminar

És humano ti ?