
Hoxe o naipelo cumpriu os cinco meses e podes ver que é rideiro se lle fas algunha macacada anque no caso da foto estaba simplemente vendo unhas flores. Pasa gran parte do día esperto e xogando cos seus xoguetes, explorándoos e meténdoos na boca. Tamén "fala" e tuse ou berra para que lle fagan caso. Cando é o momento do baño patexa coma un poseso e bota a auga fóra e cando está debruzado quere gatexar pero o único que lle saen son uns movementos reptadores de miñoca. Nada, que o Leo progresa adecuadamente.
Este neno diria eu PA ++ (parabéns)
ResponderEliminarque cousiña máis bonita!!!!
ResponderEliminara miña pequena onte fixo sete meses e non hai quen a pare, todo un carácter.
unha aperta!!!!
Bendita época, na que o mundo se descobre coa boquiña.
ResponderEliminarEstá ben bonito. Eu tamén lle poño PA+++. Que siga todo ben
que rapaz máis feito que dan ganas de comelo :) Nótase que no rideiro saiu aos pais, que siga progresando!
ResponderEliminarO paideleo e o meu pai está a dicir o neno....co ese sorriso semella terlle moito agarimo..
ResponderEliminarEste ha-de ser um rapaz feliz, sem dúvida.
ResponderEliminarHe he, que guapo está :)
ResponderEliminarcinco meses?... miña nai, como medran, eh?
ResponderEliminarE tanto que si, a verdade é que está ben guapo!
ResponderEliminarE tanto que medran...o meu, día a día xa cumpreu 20 anos :-)
ResponderEliminarSe o fillo ten a capacidade de interpretar o mundo do mesmo xeito que o pai, non terá problemas para entendelo.
Cando digo fillo referíame ao teu, eh.
ResponderEliminarnon so medra, senón que se fai mais e mais bonito, se iso fora posible!
ResponderEliminarXa logho terá que ir Pra Marina, pra Ferrol, je je. Recomendoche que busques enchufe pra que o embarquen no "Galatea", je je.
ResponderEliminara cousa mais linda no mundo que o riso na cara dum meninho.
ResponderEliminarO seu, é especialmente guapo.
Que se crie para boas fadas, e você que o veja.
É lindo, lindo. :)
ResponderEliminarGraciñas polos piropos e a verdade é que cada día que pasa estou máis orgulloso del. Xa veremos o día que empece a pedir cartos para estragalos por aí...
ResponderEliminarQue lindo!
ResponderEliminarParece mentira que aquela cousiña linda que nos ensinou tan só fai cinco meses xa bote eses sorrisos engaioladores. Eu tamén lle poría PA++++
ResponderEliminar