Páxinas

martes, 27 de febreiro de 2007

Cinco meses



Hoxe o naipelo cumpriu os cinco meses e podes ver que é rideiro se lle fas algunha macacada anque no caso da foto estaba simplemente vendo unhas flores. Pasa gran parte do día esperto e xogando cos seus xoguetes, explorándoos e meténdoos na boca. Tamén "fala" e tuse ou berra para que lle fagan caso. Cando é o momento do baño patexa coma un poseso e bota a auga fóra e cando está debruzado quere gatexar pero o único que lle saen son uns movementos reptadores de miñoca. Nada, que o Leo progresa adecuadamente.

18 comentarios:

  1. Este neno diria eu PA ++ (parabéns)

    ResponderEliminar
  2. que cousiña máis bonita!!!!
    a miña pequena onte fixo sete meses e non hai quen a pare, todo un carácter.
    unha aperta!!!!

    ResponderEliminar
  3. Bendita época, na que o mundo se descobre coa boquiña.
    Está ben bonito. Eu tamén lle poño PA+++. Que siga todo ben

    ResponderEliminar
  4. que rapaz máis feito que dan ganas de comelo :) Nótase que no rideiro saiu aos pais, que siga progresando!

    ResponderEliminar
  5. O paideleo e o meu pai está a dicir o neno....co ese sorriso semella terlle moito agarimo..

    ResponderEliminar
  6. Este ha-de ser um rapaz feliz, sem dúvida.

    ResponderEliminar
  7. He he, que guapo está :)

    ResponderEliminar
  8. cinco meses?... miña nai, como medran, eh?

    ResponderEliminar
  9. E tanto que si, a verdade é que está ben guapo!

    ResponderEliminar
  10. E tanto que medran...o meu, día a día xa cumpreu 20 anos :-)
    Se o fillo ten a capacidade de interpretar o mundo do mesmo xeito que o pai, non terá problemas para entendelo.

    ResponderEliminar
  11. Cando digo fillo referíame ao teu, eh.

    ResponderEliminar
  12. non so medra, senón que se fai mais e mais bonito, se iso fora posible!

    ResponderEliminar
  13. Xa logho terá que ir Pra Marina, pra Ferrol, je je. Recomendoche que busques enchufe pra que o embarquen no "Galatea", je je.

    ResponderEliminar
  14. a cousa mais linda no mundo que o riso na cara dum meninho.
    O seu, é especialmente guapo.
    Que se crie para boas fadas, e você que o veja.

    ResponderEliminar
  15. É lindo, lindo. :)

    ResponderEliminar
  16. Graciñas polos piropos e a verdade é que cada día que pasa estou máis orgulloso del. Xa veremos o día que empece a pedir cartos para estragalos por aí...

    ResponderEliminar
  17. Parece mentira que aquela cousiña linda que nos ensinou tan só fai cinco meses xa bote eses sorrisos engaioladores. Eu tamén lle poría PA++++

    ResponderEliminar

És humano ti ?