Páxinas

venres, 23 de febreiro de 2007

Sesta do blogueiro

Non sei se saberás que existe a sesta do carneiro que é a sesta que se bota xusto antes de comer.
Logo hai outra que se bota despóis de traballar, ducharse e cear e que consiste en monear co ordenador nas pernas media hora ou así mentres un trata de bloguear polo mundo internauta. Pois esta sesta chámase a sesta do blogueiro e eu practícoa case tódolos días, queira ou non. Esta sesta é a culpable de que postee pouco e non comente bastante. Espero que saibas perdoarmo. E agora vou durmir para cama. Boa noite.

19 comentarios:

  1. Penso que non estabas posando. En verdade estás canso de traballar. Habería que chamarlle outra cosa o traballo, para que non cansara, porque "traballar" xa o dí a palabra "tra-ba-llo" podíase chamar "va-ca-cio-nes" soan mellor ¿? carai, nin que fora unha filósofa, (teño que decirte que esta reflexión non e miña, dimo todo-los dias miña nai).Bikos a Ana e Leo.

    ResponderEliminar
  2. Meu pobre, o traballo algo dignificará pero tamén da un cansazo no corpo que non hai quen o quite. Ti durme cantas siestas queiras que quedas moi curriño nas fotos e a min a do carneiro, préstame moito.

    Folgos e moi doces soños!

    ResponderEliminar
  3. Aquí, em Marrocos, há uns inventos que se chamam mtarbas, umha espécie de cama estreita que cobre todas as paredes da sala, com almofadas detrás.
    Quando vaia embora, em junho, vou levar as minhas que, ademais, tem colchões de algodão natural.
    Não imaginas as sestas do carneiro, da ovelha, e até da vaca que boto em elas...
    E polos posts, não te apures.
    Jà ves que, com poucos, tés mais visitas ainda.
    Porque da tempo a que os veja todo o mundo.
    Os comentários, tampouco te preocupes. Fazemos-chos nós a ti.
    Assim que...descansa ssssshhhh!

    ResponderEliminar
  4. Esa sesta debe prestar un mundo rapás

    ResponderEliminar
  5. e como se fai para que non che caia a computadora?

    ResponderEliminar
  6. Boassssss noitessssssss e docesssssss soñossssss

    ResponderEliminar
  7. iso, isto, tes atado o portátil á man?
    e confesa a quen les cando te durmes, que o cansancio seguro que non o é todo ;-)
    Calquer día vaiche postear o Leo por ti.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. jaja. a foto era por se non te criamos, verdade? ;)


    bicos

    ResponderEliminar
  9. A min tamén me intriga como consegues non esnafrar o pc no chan.
    Saúdos e boas noites ;)

    ResponderEliminar
  10. :D
    Eu, sen embargo, se o que quero é despexarme... prendo o ordenador, podo pasar horas e horas diante del enganando o sono e evitando a cama. Biquiños para Leo e os seus!

    ResponderEliminar
  11. rrrrrrrrrrrrrrrrrrroooooooooooo!!!!
    como che presta!
    que aproveite!!
    :-)

    ResponderEliminar
  12. Estas desculpado de sobra, que aproveite logo a sesta do blogueiro.

    Unha aperta para cando despertes.
    ;)

    ResponderEliminar
  13. O que pasa e que este paideleo ten que traballar menos, e que o traballo ese é moi duro.

    ResponderEliminar
  14. Graciñas polos comentarios e, se me vedes moneando, faceille caso á imaxe da besbellinha e déixaime durmir.

    ResponderEliminar
  15. A minha compañeira pregúntame as veces como fago para quedarme durmido sentado...estaba pensando nun collarín para amortiguar os golpes do pescozo cando a cabeza non aguanta máis e cotea. As minhas sestas son de oito minutos e a calquer hora.
    Unha aperta e boas nites.
    zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz....

    ResponderEliminar
  16. jajajaja saiches moi ben! Se cadra, a sesta débese aos contidos pouco interesantes dos blogs!!! durme ben!

    ResponderEliminar
  17. Eu adoito roubarlle horas o sono; para que o Pedro Chosco non se cabree deixo un ollo aberto e outro cerrado...case sempre remato cerrando os dous...
    Unh aperta

    ResponderEliminar
  18. Cuidado com o portátil, que saem muito caros!! Eu não consego que Toshiba envie peças de recâmbio da fonte de alimentação e levo a esperar (sem portátil) desde Junho!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?