Páxinas

xoves, 15 de marzo de 2007

Accidente no choio


Como non todo son flores, primavera e cousas bonitas; hai acontecementos que non son moi alegres. Pasou o luns coma se tal cousa, chegou o martes trece e trascorreu sen novidade e logo veu o mércores e á tarde tiven un susto na fábrica que puido ser grave. Estaba eu descarregando un bloque de granito xa cortado en pranchas e trataba de enganchar o casqueiro; a parte exterior e sobrante do bloque; cando partiu e caiume un anaco enriba. Foi unha imaxe fugaz e difusa, algo gris que se se me botaba enriba e me golpeaba. Pilloume de raspallón e marcoume o pescozo e o ombreiro, arrincoume o casco e tiroume ó chan. Ó final todo foi un susto que quedou nunha inchazón por detrás da orella, o ombreiro esquerdo raspado e o brazo dereito con varias feridas dende o pulso ata o cóbado resultado da caída. Fixéronme placas e non teño nada roto e agora estou de baixa. Ó final Ana tiña razón ó ter medo de que me pasase algo neste traballo e alédomonos de que deixe este emprego para a semana que vén.

18 comentarios:

  1. Mellorate e ten moito coidado a semana que che queda. Eu tiven moi próximos casos de accidentes laborais e son do peor que lle pode pasar a unha familia.

    ResponderEliminar
  2. as malditas canteiras, graças a non sei quem que nom che passou nada. aqui por estes lares, nas de quiroga que som de pizarra ja se cobrarom a vida de varios obreiros por desprendementos e cousas varias, e algum quedou impedido ou peor.. a culpa na maioria dos casos é da falla de medidas de seguridade... maldita seja! mellorate e animo!!!

    ResponderEliminar
  3. Menos mal que non foi nada, e por segunda vez en pouco tempo alédome que alguén deixe o traballo.
    A partir de agora que si sexan cousas bonitas e flores e primavera. Ponte bo, que eu na casa vou ter a meu irmán recén operado da clavícula e non quero máis enfermos!

    ResponderEliminar
  4. Animo compañeiro!!!...alédome que ao final non fose nada que lamentar.Coídese elembre que o importante e vostede

    ResponderEliminar
  5. uf!, que mal roio... moito moito tino, que asuntos destes con peores finais danse con demasiada frecuencia aínda...

    ResponderEliminar
  6. Pois alégrome que non fose nada. Coidadiño na semana que che queda.

    ResponderEliminar
  7. Meu, si che queda só unha semana, non tes que demostrarlle nada a ninguén, ponte lonxe das máquinas e escaquéate todo o que poidas, que tes cousas que valen moito más que o mellor traballo do mundo.

    ResponderEliminar
  8. ánimo, e recupérate, e benvido sexa deixar un traballo, se aforras disgustos... e perigos.

    ResponderEliminar
  9. ai, mimadriña!, ándache solto o trasno. menos mal que todo quedou nun susto, así que agora a coidarse.

    ResponderEliminar
  10. Aledome moito de que somentes fora un susto. Coidate moito..Ana, Leo e todos os teus amigos da Rede contamos contigo.

    ResponderEliminar
  11. Cóidese, recupérese e coidado o tempo que alí lle queda.

    ResponderEliminar
  12. Estiven estes días sen ver o teu blogue e non me enterara até hoxe.
    Agardo que xa esteas recuperado de todo e que atopes un choio mais tranquilo axiña.
    Coidate moito.
    Unha aperta para ti, Ana e Leo

    ResponderEliminar
  13. Despois das cousas que xa nos contaches da laboura non me extraña nada que decidas cambiar. Eu ao longo dos anos cheguei a conclusión que a calidade de vida escomenza polo traballo.
    Unha aperta e moito ánimo.

    ResponderEliminar
  14. Parabéns pela pouca gravidade dum acidente que, tal e como o contas, poderia ter acabado muito peor. Semelha como um sinal, agora que dizes que o vais deixar... Sorte no novo curro (ou na busca dele)

    ResponderEliminar
  15. Mimá, vaia sustazo. Xa vexo nos posts más recentes que vas millorando. Oxalá pase pronto. Ánimo e forza.

    ResponderEliminar
  16. Ánimo. O meu curmán tamén tivo un accidente similar e tivo sorte de só perder unha perna.
    Prégolle que fuxa deses traballos.

    ResponderEliminar
  17. vaia... menos mal que non foi nada serio pero eu son da idea de Ana e mais ainda: se a vida da un aviso sempre está ben escoitalo. Apertísimas e coidate moito!

    ResponderEliminar

És humano ti ?