Páxinas

xoves, 22 de marzo de 2007

Día da auga

Enteirome por aí de que hoxe é o día mundial da auga e, por casualidade, leo nun libro de Vázquez Figueroa que andaban os españois do século XVI na busca da illa Bímini, onde dicían que estaba a fonte da eterna xuventude. Xa había picaresca daquelas e había xente que vendía falsos mapas sobre a localización desa fonte. Con picaresca ou non, os españois buscábana pola península da Florida pero seica algúns científicos actuais topárona no Himalaia onde a xente dunha tribu chega ós 120 anos sen dificultade gracias a unha auga alcalina. E agora en Miami ( ó final vólvese á Florida ) estana embotellando para vender.
Eu , francamente, non quero chegar ós 120 anos así que procuro beber auga de forma rebaixada... a ser posible en forma de viño ou cervexa.

11 comentarios:

  1. Eu, so bebo auga...daquela, ¿vivirei muitos anos?

    ResponderEliminar
  2. Eu non sei se non será picaresca outra vez. A tribo esa ao mellor lle ven a vitalidade da dieta, ou da altitude (seguro que lles dá pouco o sol). Así e todo haberá que beber moita para que faga algo, o cal equivale a chegar pobre ao 120.

    ResponderEliminar
  3. A única auga que tomo é a que absorbe a miña pel da choiva así que véxome con pouco futuro.

    ResponderEliminar
  4. Había unha vez un paisano que dicía que a auga tiña que ser moi mala para o estómago; só había que ver como deixaba as corredoiras...

    ResponderEliminar
  5. Para min os 120 non son abondo, eu preciso da inmortalidade, non me conformarei con menos.

    ResponderEliminar
  6. Tanto preparar beberaxes, apócemas, montar talismáns e demais parafernalia cando o único que haberá que facer será pillar un botellín desa auga no súper... pois menuda decepción.

    ResponderEliminar
  7. Un veciño meu , que morreu queimado de viño , dicía que a auga para as rás.

    ResponderEliminar
  8. Estántolos estos ianquis Pai

    ResponderEliminar
  9. Pois eu bebo entre dous e tres litros diarios e síntome coma un bebé...

    ResponderEliminar
  10. Eu tamén a tomo rebaixada nos cubatas de ron. A auga vai nos cubitos de xeo.

    ResponderEliminar
  11. ¡Auga non, gracias!...amabilidade ante todo.
    Non sei, vistolovisto, non sería mala idea aproveitar o "pis" dalgúns como enerxía das renovables ¿ou?

    ResponderEliminar

És humano ti ?