Páxinas

martes, 6 de marzo de 2007

Falsas apariencias

Estes días estou traballando con "Nonfaledes" e sempre temos momentiños de parrafeo. Onte falamos das situacións cando a xente pensa que un é un delincuente. A min pasoume un par de veces: en Londres nunha tenda o segurata perseguiume pensando que eu ía ghispar algo. Eu seguín o xogo e fixen como que quería levar algo ata que cansei do xogo e marchei da tenda. Outra foi en Tui que me coincidiu cunha señora por unhas ruelas solitarias e ela debía de pensar que quería roubarlle o bulso que o amarraba e aceleraba o paso. Así seguimos un anaco ata que os nosos destinos fixo separarnos.
A "Nonfaledes" pasoulle tantas veces que perde a conta. O máis grave que lle pasou foi nunha ocasión que tiña presa e corría por Vigo. Dous policías foron detrás del e ó final un púxolle a pistola no sen da cabeza. Como para mexar por un. O policía díxolle que non lle dispararon na carreira porque había xente polo medio.
E na foto está Paideleo no carné de bus de Londres hai anos. Non me extraña que co esa pinta a xente desconfiase de min !.



16 comentarios:

  1. Ainda que semelle increible, as forzas de seguridade, as policias, militares e demais, ainda pensan que algo ten de verdade aquela vella idea de que os delincuentes teñen unhas características físicas comuns, coma as que describira Lombroso. E digo que é increible xa que os maiores ladróns do mundo sonche xentes moi ben vestidas, moi ben rasuradas e dende logo moi educadas.

    ResponderEliminar
  2. isto é coma o viño, co tempo mellora

    ResponderEliminar
  3. Comparto opinión se me deixa con Torre paideleo

    ResponderEliminar
  4. He he, eu tamén teño algunha documentación na que resulto bastante sospeitoso. Nalgunha ocasión, ensinando o DNI pedíronme tamén o carné de conducir, por si acaso.

    ResponderEliminar
  5. Que vas ter, ho, que vas ter!!!

    ResponderEliminar
  6. Fai uns días, cando viña dunha cea atopei á entrada do meu pobo un coche de Tráfico aparcado nun lugar que habitualmente usan para poñer o "globo" polas noites. Ó velos pillei por unha pista anterior que tamén leva cara miña casa e, sorpresa, veñen detrás de min acompañándome ata o garaxe. Pasaron de largo sen nada me dicir e foi pena porque non bebera nin un so grolo de alcohol.

    ResponderEliminar
  7. Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

    O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
    Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
    En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
    (www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

    ResponderEliminar
  8. Con eses xogos calquera día acabades nun bo problema, aínda que a Nonfaledes xa pouco lle faltou. É que é moito das "forzas da orde" disparar/mallar en ti antes de preguntar, e incluso despois se teñen un mal día, só hai que ver algunhas manifestacións.

    ResponderEliminar
  9. buenooo, que me vas contar!. Toda a miña adolescencia padecín ese problema coma bó mozo de monte alto con guedellas e pantalóns rotos (que antes de ser metrosexuais eran "jevis"). Agora como que non me pasa... tanto.

    ResponderEliminar
  10. A min no Banesto de Corme ainda me piden o carné, porque non se creen que eu con esta pinta sea o Patrón Maior, je je.

    ResponderEliminar
  11. A min pasáronme tamén un feixe de veces situacións semellantes. É automático: se saio da casa sen afeitar, e con roupa "vella", calquera tenda na que entre non me saco aos seguradas de enriba. De feito pásame tanto que xa nin me molesta.

    ResponderEliminar
  12. Non é para tanto, ho!

    ResponderEliminar
  13. Ben, se ides por Heathrow ou polo JFK mellor barbeádevos ben.

    ResponderEliminar
  14. Non esquencerei daquela tarde que saía dos almacéns o pilar de Santiago, despois de sacar un casete de music sen pasar por cash e ver como un home seguía os meus talóns ata a praza de Galicia. A coincidencia de que o home levara presa fíxome sentirme un delincuente en apuros.

    ResponderEliminar
  15. A min pasoume o ano pasado nunha chocolatería de Coruña. É moi antiga e está na estreita de San Andrés. Levanna uns anciáns que levan toda a vida nela. (Eu lembro ir de pequeno coa miña aboa para comprar "cascarilla"). Pois o asunto é que fun a comprar chocolate para cocer e a señora meteume a tableta nunha bolsa. Pero non ma quería dar ata que lla paguei. Debía de pensar "éste se está equivocando de chocolate" :-)))

    ResponderEliminar
  16. semellas un terrorista islamita ou algo semellante! :) A min tamén me ten pasado algo así, cousas do bello facial...

    como se os terroristas máis buscados non podesen ir con traxe e gravata

    unha aperta.

    ResponderEliminar

És humano ti ?