Páxinas

xoves, 8 de marzo de 2007

Homaxe a Carlos Casares

No ano 2000 tiven ocasión de asistir a unha charla de Carlos Casares en Vilaguindastre. Había un feixe de estudiantes de instituto supoño que "forzados" a asistir á charla, tres ou catro señoras e eu. Ó primeiro os rapaces tiñan cara de aburridos pero Carlos Casares nin se inmutou e seguiu co sorriso que traía. Empezou a contar como cando neno escribiu para un concurso no colexio, como escribiu un conto para o fillo dunha amiga e logo publicáronllo, como coñeceu á súa muller no tren que a levaba á Coruña e el convenceuna de ir a Santiago, da casualidade de sentarse xuntos e de saber inglés os dous; el galego e ela sueca, etc.
En fin, que Carlos Casares era un chorro de palabras sinxelas e boas e logrou meter no saco a toda a mocidade que asistía ó acto. Eu logrei falar co el á saída da charla e asinoume o folleto da foto que eu, de parvo, esquecera levar algún libro dos seus. Con vergonza, ruborizado e tatexando deille un papel cunhas palabras que recollín e que non saían en ningún dicionario para que el quedase de gardián delas.
E pasou o tempo e morreu de súpeto...Ou non ?. Eu sei dun gasolineiro que ten a súa cara cuspida. Calquera día collerá o bolígrafo e deixará de asinar albaráns e porase a escribir á marxe do choio de cada día. Que así sexa.
Este posteo invitado a escribir por Marcos adícollo á Mariquinha de Vedra que nunha ocasión comparoume con Carlos Casares e sentinme realmente gabado.

13 comentarios:

  1. Fermosísima homenaxe PaideLeo, parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Si señor, o da historia da muller escoitárallo eu na radio, daba moito de si, e mesmo parecía mentira.

    ResponderEliminar
  3. Fermosa columniña. Graciñas por colaborar.

    ResponderEliminar
  4. eu lin algo de carlos casares... non moito, menos do que deberia. era unha historia de duas vidas e de amor... creo que era "o sol do veran" e o certo e que casares era bo, moi bo... algun dia ponhereime con algun dos seus libros, dos que me faltan por lerlle.. cal me recomendades?
    un dia oin, daquelas q morreu, que casares estaba encaminhado cara o nobel de literatura... de ser asi a vida e moi puta.. e coma os dous de sempre de castelao, un simil para un gran (polo que conhezo) literato.

    ResponderEliminar
  5. Estou emocionada, :") Moitas grazas Acedre, alégrome de que aquelas palabras che fixeran ilusión.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu só lembro de Carlos Casares eses pequenos artigos na Voz De Galicia. Pero tamén é verdade que morreu o home e quedounos a súa obra, se cando morre a xente tamén se apagaran as súas luces o mundo estaría medio baldeiro. Nun verán destes, cando vaia pola terra, fareime un agasallo.
    Saúde e pesetas.

    ResponderEliminar
  7. vaia, a miña memoria fallou. lembraba que coñecera á súa dona nun tren, pero non sei porqué pensaba que era en suecia, e non na coruña. de tódolos xeitos. gracias por refrescarme a memoria.

    ResponderEliminar
  8. No fondo somos todos uns románticos.

    ResponderEliminar
  9. qué fermoso xeito colectivo de tecer unha homenaxe que, al mesmo tempo, non deixa de falar dos estilos particulares. A túa pegada está completamente nesta historia, a beleza, o amor, o valor dunha pequena histroria, a elegancia e empatía. E concordo con Mariquiña, hai moito dese talento de Casares para facer das cousas invisibles algo fermoso nas túas crónicas. Apertísimas!

    ResponderEliminar
  10. Graciñas a todos polas vosas palabras e Carlos Casares merece esta homaxe organizada por Marcos Valcárcel e muito máis.
    Estiven relendo estes días Na marxe de cada día do ano 1993 e segue encantándome.
    Este mundo iría algo millor se houbese máis Carlos Casares: xente sinxela e optimista.

    ResponderEliminar
  11. ola! estiven vendo o que escribiches sobre o meu pai. Graciñas, paréceme moi emotivo. Desculpa que me quede cos detalles e destripe a túa literatura, pero poderias dicirme onde está o tal gasolinero, se existe fora do teu blog? comprende que me faría moita gracia velo!

    unha aperta,

    hakancasares@hotmail.com

    ResponderEliminar
  12. Ola paideleo:Son moi novo no mundo dos blogs e cada día descubro que é máis interesante e cheo de sorpresas. A primeira, ver o ligazón coa miña bitácora; a segunda, a devoción por Carlos Casares. Eu fun asiduo seguidor dos seus artigos en A MARXE, e lin case toda a súa obra narrativa. A miúdo lamento a súa ausencia. Pero como di dorvisou, quedounos a súa obra. E iso é o que fai ás persoas grandes inmortais. Por iso seguimos a día de hoxe falando del. E seguiremos. E seguirán despois de nós.
    Manuel Busto.

    ResponderEliminar

És humano ti ?