
Onte tocábanos embotellar porque está a lúa minguante e seica é bo para embotellar pero non fomos por culpa da miña baixa. Pero estar de baixa ten as súas cousas boas: teño " quality time " para estar con Ana, Leo e o Colín e podo ler cousas que tiña apartadas. Gustoume o libro de Diego Ameixeiras " Tres segundos de memoria " que semella un diario ou un blogo e ten frases que me fixeron rir. A que me gustou muito foi a que di: ten menos futuro ca un submarino descapotable.
Xa ves que non perdo o humor e que vou millorando do susto.
A recuperarse. Todo hai que miralo polo lado bo: agora podes ler, descansar, estas cous teus...
ResponderEliminarO blogomillo ten un enfermo que ri...
ResponderEliminar¡Estamos contigo!
Progresa axeitadamente pois paideleo...ben,ben
ResponderEliminarPois ánimo e a poñerse ben!
ResponderEliminarAgardo saias desa baixa en breve, papiño. Entretanto, desfruta do repouso.
ResponderEliminarUnha aperta de Yoli ;-)
Alédome de que todo vaia ben.
ResponderEliminarPolo que vexo, vai haber que apenarse do anaco de granito que osou acercarse a ti, seguro que acabou esnaquizado. Eu de ti, compraba un décimo de lotería. E sigue rindo, que é a millor terapia cando se está de baixa.
ResponderEliminarPor aqui estamos ben contentos de que non fose nada e so quedase nun susto!!
ResponderEliminar