Páxinas

venres, 20 de abril de 2007

Centro social Rivera Atienza



Entre o choio e os mobles novos da cociña que estamos montando, apenas hai tempo para navegar pola rede adiante.


Vou deixar unhas fotiñas dun sitio onde é máis barato o café do que dicía o señor Zapatero: a 75 céntimos !. O sitio é un pazo en Vigo, con terraza, biblioteca e xardín. É un centro social ( aí está o truco da barateza ) á beira da Escola Oficial de Idiomas.


Desfrutai das fotos mentres non volvo postear.

16 comentarios:

  1. Eu sempre gostei de Vigo polo clima, non me digas que aínda por riba tedes sitios así que marcho para alá.

    ResponderEliminar
  2. Pois ademais de polo prezo, ben paga a pena tomar un café aí polo pracer contemplativo do lugar.

    ResponderEliminar
  3. Que fermoso lugar e qué barato!
    E que Vigo... é Vigo.

    ResponderEliminar
  4. sempre gostei tambén de vigo, o Instituto de idiomas é o que queda por martinez garrido (a doblada?)...

    ResponderEliminar
  5. oi, a ver se paso por aí cando me toque ir a Vigo que o sito é chulísimo. Que che vaia ben montando mobles, desfrutando da familia e choiando o mínimo posible.

    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. pois é unha pasada o sitio! molariame ter un garito asi o lado da casa, e con eses prezos no café... ainda que na zona de lemos ese prezo é o mais común.

    ResponderEliminar
  7. Estaría ben unha encuesta para saber se o café custa 80cts. Donde o tomo custa exactamente iso. Vaia con Zapatero.

    ResponderEliminar
  8. que ledicia, volver ver o pazo de rivera atienza...
    alí teño feito algo de ioga e tráeme á memoria a presentación dun libro dun amigo que xa morreu, xosé carlos o'framinor, e algunha que outra reunión cun grupo de poetas da cidade.
    un luxo de espazo en plena urbe

    ResponderEliminar
  9. Si que é un bo tandem ;)

    ResponderEliminar
  10. pois que non haxa estrés que iso é moi malo... disfruto das fotos e de pensar o maravilloso que é poderse tomar un café a 75 céntimos, :)
    Non te perdas moito, eh?

    ResponderEliminar
  11. Um bom lugar para quando vaia a Vigo, ver ao meu Nés.
    Saudaçoes e muitas apertas.

    ResponderEliminar
  12. Q tal van esas obras?, non pensaba eu que inda existiran sitios con eses precios,graciñas pola informacion.
    Bqñs

    ResponderEliminar
  13. Vigo é a miña segunda patria, teño grandes amigos ahí, e, desde logo xamais os insultarei como suelen facer algúns dedicados a ese s"sano deporte" que é o futbol. En Corme un café vale 80 ctm, desde o dia 1 de xaneiro, que costaba 75.

    ResponderEliminar
  14. E que como Zapatero vén pasar as vacacións ao país debeu quedar cos prezos dos nosos cafés, je, je...

    En calquera caso poucos sitios quedan co café a eses prezos.

    Bicos para os tres e paseade moito!!!

    ResponderEliminar
  15. Mais importante que o precio do café e con quen se comparte. Se por enriba podese disfrutar deses fermosos paisaxes, podese converter nalgo inesquecible.
    Un saúdo

    ResponderEliminar

És humano ti ?