
Entre o choio e os mobles novos da cociña que estamos montando, apenas hai tempo para navegar pola rede adiante.
Vou deixar unhas fotiñas dun sitio onde é máis barato o café do que dicía o señor Zapatero: a 75 céntimos !. O sitio é un pazo en Vigo, con terraza, biblioteca e xardín. É un centro social ( aí está o truco da barateza ) á beira da Escola Oficial de Idiomas.

Desfrutai das fotos mentres non volvo postear.
Eu sempre gostei de Vigo polo clima, non me digas que aínda por riba tedes sitios así que marcho para alá.
ResponderEliminarFermoso lugar
ResponderEliminarPois ademais de polo prezo, ben paga a pena tomar un café aí polo pracer contemplativo do lugar.
ResponderEliminarQue fermoso lugar e qué barato!
ResponderEliminarE que Vigo... é Vigo.
sempre gostei tambén de vigo, o Instituto de idiomas é o que queda por martinez garrido (a doblada?)...
ResponderEliminaroi, a ver se paso por aí cando me toque ir a Vigo que o sito é chulísimo. Que che vaia ben montando mobles, desfrutando da familia e choiando o mínimo posible.
ResponderEliminarBicos!
pois é unha pasada o sitio! molariame ter un garito asi o lado da casa, e con eses prezos no café... ainda que na zona de lemos ese prezo é o mais común.
ResponderEliminarEstaría ben unha encuesta para saber se o café custa 80cts. Donde o tomo custa exactamente iso. Vaia con Zapatero.
ResponderEliminarque ledicia, volver ver o pazo de rivera atienza...
ResponderEliminaralí teño feito algo de ioga e tráeme á memoria a presentación dun libro dun amigo que xa morreu, xosé carlos o'framinor, e algunha que outra reunión cun grupo de poetas da cidade.
un luxo de espazo en plena urbe
Si que é un bo tandem ;)
ResponderEliminarpois que non haxa estrés que iso é moi malo... disfruto das fotos e de pensar o maravilloso que é poderse tomar un café a 75 céntimos, :)
ResponderEliminarNon te perdas moito, eh?
Um bom lugar para quando vaia a Vigo, ver ao meu Nés.
ResponderEliminarSaudaçoes e muitas apertas.
Q tal van esas obras?, non pensaba eu que inda existiran sitios con eses precios,graciñas pola informacion.
ResponderEliminarBqñs
Vigo é a miña segunda patria, teño grandes amigos ahí, e, desde logo xamais os insultarei como suelen facer algúns dedicados a ese s"sano deporte" que é o futbol. En Corme un café vale 80 ctm, desde o dia 1 de xaneiro, que costaba 75.
ResponderEliminarE que como Zapatero vén pasar as vacacións ao país debeu quedar cos prezos dos nosos cafés, je, je...
ResponderEliminarEn calquera caso poucos sitios quedan co café a eses prezos.
Bicos para os tres e paseade moito!!!
Mais importante que o precio do café e con quen se comparte. Se por enriba podese disfrutar deses fermosos paisaxes, podese converter nalgo inesquecible.
ResponderEliminarUn saúdo