
Esta foto xa ten ben aniños e saio lombeando sacos de fariña de cincuenta quilos. Era un hobbie que tiña cando estaba no paro ou tiña unha tarde libre sen estudos. No choio que empecei esta semana fago o contrario: cargo camións. Pero van os sacos en pallets así que o choio é máis levadeiro. Aparte hai sacos de cinco, de dez, de vinte e de corenta quilos así que son máis levadeiros no caso de ter que movelos a man. Hai muita variedade de piensos e ata hai para " ovejas lecheras ". Tamén hoxe aprendín unha palabra nova: ripar, que significa turrar por un saco. É certo o dito que di que o vello vai morrendo e vai aprendendo.
Pois gustoume a palabrexa, ripar. A ver se a meto no meu vocabulario. Coidadiño co lombo e un saúdo.
ResponderEliminarTamén significa coller ou quitar unha cousa con violencia ou pola forza e algunhas cousas máis.
ResponderEliminarHai anos, cando a herba seca se empalleiraba, diciamos que iamos ripar a herba ao palleiro, para logo darlla ás vacas. Tamén cosignificado que indica Peke no comentario anterior. A palabra non se perdeu, úsase menos en medios urbanos; no rural aínda a emprega bastante xente.
ResponderEliminarSaúdos.
Aprender é un fantástico don que temos todos ao alcance...
ResponderEliminarSendo un neno téñoa escoitado na minha casa de Dorvisou, cando se xuntaban os viciños á xogar ás cartas... nesas longas noites de inverno.
ResponderEliminarMoita sorte, pedriño
Todos a ripar pois (LK a poder ser Pai).Ánimo e apertas
ResponderEliminarMoita sorte no novo traballo e coidado cos esforzos e as posturas, que xa se sabe que a columna vertebral é unha cousa delicada. Que tal o Leo? Medrando axeitadamente? Un saúdo dende o blog retornado.
ResponderEliminarEu para iso non valgo... son unha enclenque... :(
ResponderEliminarFermosa palabra. Coma o verbo lombear.
ResponderEliminarNon te creas que non e un bo "xogo".O malo e despois a espalda...
ResponderEliminarPara min o saco máis levadeiro é o de dez KILOS.
Coida a postura! que eu con isto de cargar os libros no mesmo lado e sentar nas primitivas cadeiras da facultade téñoa feita un oito. Dille a Ana que aínda estou coa contractura despois dun mes e iso que xa botei a crema aquela americana tan boa que mercara Toño para cando caíra na piscina dos arxentinos, lembras?
ResponderEliminar... e eu aínda non perdo a fé en aprender despois de morto, ;)
ResponderEliminare que tal logo no novo choio?
Esa palabra non existe no diccionario Cormelán. Pero carghar ao lombo ou a cabeza, si. Na cabeza ponse un "mulido", pra non facerse daño.
ResponderEliminarpois non todo ia ser malo no avance do tempo, non si?
ResponderEliminarNa cabeza na nosa terra ponse unha "monlla", o "mulido" tamén o teño escoitado.
ResponderEliminarTodo isto lémbrame á hernia que lle acaban de descubrir ao meu pai, a ti que che sexa todo livián. Un bico!
e tan certo, ese dito sempre llo escoito a miña nai.
ResponderEliminaro da foto ten que estar coma un buxo.