Páxinas

sábado, 26 de maio de 2007

Oito meses


O Leo fai mañá oito meses e está fino coma un allo e agudo coma unha cebola. Gústalle investigar a orixe dos ruidos e dálle a volta ós xoguetes para localizar a procedencia da música. Tamén lle gusta emborcar a caixa dos xoguetes e fozar en todos anque remate xogando coa caixa ou cun calcetín. Outra manía que ten é axitar os monecos pendurados do corredor e oscilar o cadro que fixo o tíoNe. As mans do cadro chaman a súa atención e parece que quere agarralas e ó final oscila o cadro enteiro. O Leo come mui ben e aínda toma teta e se tarda a nai acaba chupando onde pode e así lle fixo un chupón nun brazo o outro día. Aínda non agataña nin agatuma e cando o intenta arrecúa. Como si avanza un chisco é sentado. Nos falares segue cos " tha tha " e marmulla cando come.
E iso é todo.

9 comentarios:

  1. Dá gusto velo medrar con esa curiosidade.
    A min de pequena dicíame miña avoa "aghuda coma un pimiento", e acordeime ao lerte :)
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. dentro de dous meses seguro que andades detrás del coidando que non caia, mentres tanto que siga medrando así de ben :)

    ResponderEliminar
  3. Non me extrana que vos caia a baba con el, parece moi espabilado e criase ben, da gloria velo e ben feitinho!!!.

    Unha aperta grande para Leo, Ana e para ti.
    :)

    ResponderEliminar
  4. Cando vexo bebés nesa época en que todo lles chama a atención, en que están descubrindo o mundo, sinto certa envexa. Para eles todo é novo e iso é impagable.

    ResponderEliminar
  5. Progresa adecuadamente.
    Vaia con Leo, parece que temos un músico en potencia...

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén sinto envexa deles, todo noviño e por descubrir, sería fabuloso manter durante toda a vida a mesma curiosidade....

    ResponderEliminar
  7. Esse Leo está feito um rapaz! (e o pai parece cada dia mais orgulhoso dele).

    Parabens!

    ResponderEliminar
  8. a curiosidade penso que a herda do pai!

    que espilido que anda :D

    apertas

    ResponderEliminar
  9. Non sabe a sorte que ten de ter a teta da nai a man. Parabéns Leo :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?