
O Leo fai mañá oito meses e está fino coma un allo e agudo coma unha cebola. Gústalle investigar a orixe dos ruidos e dálle a volta ós xoguetes para localizar a procedencia da música. Tamén lle gusta emborcar a caixa dos xoguetes e fozar en todos anque remate xogando coa caixa ou cun calcetín. Outra manía que ten é axitar os monecos pendurados do corredor e oscilar o cadro que fixo o tíoNe. As mans do cadro chaman a súa atención e parece que quere agarralas e ó final oscila o cadro enteiro. O Leo come mui ben e aínda toma teta e se tarda a nai acaba chupando onde pode e así lle fixo un chupón nun brazo o outro día. Aínda non agataña nin agatuma e cando o intenta arrecúa. Como si avanza un chisco é sentado. Nos falares segue cos " tha tha " e marmulla cando come.
E iso é todo.
Dá gusto velo medrar con esa curiosidade.
ResponderEliminarA min de pequena dicíame miña avoa "aghuda coma un pimiento", e acordeime ao lerte :)
Biquiños
dentro de dous meses seguro que andades detrás del coidando que non caia, mentres tanto que siga medrando así de ben :)
ResponderEliminarNon me extrana que vos caia a baba con el, parece moi espabilado e criase ben, da gloria velo e ben feitinho!!!.
ResponderEliminarUnha aperta grande para Leo, Ana e para ti.
:)
Cando vexo bebés nesa época en que todo lles chama a atención, en que están descubrindo o mundo, sinto certa envexa. Para eles todo é novo e iso é impagable.
ResponderEliminarProgresa adecuadamente.
ResponderEliminarVaia con Leo, parece que temos un músico en potencia...
Eu tamén sinto envexa deles, todo noviño e por descubrir, sería fabuloso manter durante toda a vida a mesma curiosidade....
ResponderEliminarEsse Leo está feito um rapaz! (e o pai parece cada dia mais orgulhoso dele).
ResponderEliminarParabens!
a curiosidade penso que a herda do pai!
ResponderEliminarque espilido que anda :D
apertas
Non sabe a sorte que ten de ter a teta da nai a man. Parabéns Leo :)
ResponderEliminar