Páxinas

mércores, 23 de maio de 2007

Eleccións municipais


É un bloque de granito ?. É un coche ?. Non, é o granitomóbil; o coche pregón da SPL : Sociedade Política Local. O coche vai pintado coma se fose un bloque de granito Rosa Porriño e leva a bandeira galega, altofalantes por onde soa música composta polo primeiro candidato e fotos familiares súas e dos candidatos.
Este ano a campaña está máis reñida ca nunca cos Verdes incluidos que de curiosidade poñen lazos verdes nas farolas.
E logo din que a política é aburrida.

14 comentarios:

  1. Mimadriña!
    O marketing político non coñece límites! Boa foto, si señor!

    ResponderEliminar
  2. Eu coñecía o ghanitomóbil, pero este coche deixame parvo!

    O montuning non ten límites

    ResponderEliminar
  3. Porén, eu estou desexando que acaba a campaña dunha boa vez.

    ResponderEliminar
  4. En vez de unirse, cada vez separanse mais e mais, parece que agora todos queren mandar, non sei, cada quen que faga o que queira, pero penso que canto mais unidos estiveramos todos mellor seria.Eu acabo de mirar un dos verdes que viña no coche, por certo para o meu gusto un pouco cargadiño de mais,cun laciño verde dos que lle puxeron, era suficiente, eu e que son minimalista, pois o tipo do coche parou e baixou pa deixar votos nos buzons, non sabia que os altavoceiros tamen se adicaban a iso.
    Sinceramente, dame igual quen gañe, mentres que o faga ben...Inda que se notan demasiadas ansias de poder, seremos a proxima Marbella?
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  5. Imos ter que facer nós o percebemóvil, je je. O ano pasado estuven en Cans coma invitado, e proxectaron unha curta nosa, este ano, non podo estar, porque viernes e sábado gravo unha curta en cervo e domingo teño que estar pras eleccións ( vou de 2 polo bng)

    ResponderEliminar
  6. se a política non é tan aburrida, quen son aburridos son a maioría dos políticos...

    apertas

    ResponderEliminar
  7. Moi curioso o coche ese, hehehe...
    Tiñas que estar por aquí e escoitar todos os días o coche de Esquerda Unida co Hino de Riego a todo dar :P
    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  8. E por certo, ánimos para o Colin, alégrome de que non sexa nada :D

    ResponderEliminar
  9. Orixinal o fenómeno é... e o que máis me gusta: o coche pintado de cor "tipogranitorosadoporriño".

    ResponderEliminar
  10. Polo menos pon colorido a campaña.
    Xa que moitas das ideas dos candidatos son en branco e negro.

    ResponderEliminar
  11. Foto divertida. A política vai estendendo o seu poder a grandes velocidades... Alégrome de que milites no BNG. sORTE¡¡¡(ROSA-VALDEOROSA)

    ResponderEliminar
  12. A falta de propostas, de ideas, de ética hai que parapintala de anedoctas, snobismo para conseguir que se fale máis do envoltorio que do producto. Lamentable e esperpéntico.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  13. Acabo d observar ese flamante coche, sinceramente, recordame as competicions das comparsas de carnavais...
    Bqñs

    ResponderEliminar

És humano ti ?