Páxinas

sábado, 2 de xuño de 2007

Nin coas pegatas de san Cristobo


Dende logo que non se pode luitar contra o destino. A foto pertence a un camión que viña cargar á miña empresa. Este camión e outro máis pequeno eran propiedade dun home que tiña gran devoción por San Cristóbal, patrón dos camiñantes e dos automovilistas. Os camións ían incluso a un taller chamado San Cristóbal e non lle faltaba a pegatina da procesión de cada ano. Ó dono non lle valeu de nada: morreu coa súa filla nun accidente cun camión haberá uns catro anos e a empresa pasou a outra xente. Esta semana o camión da foto sufriu un accidente e quedou desfeito. A boa noticia é que o chófer está ben.
Estas son as cousas que pasan.

7 comentarios:

  1. Vaia por deus! Uma entrada do mais alegre, Acedre! Arrepia só de pensá-lo...

    Bom, cambiando de tema: já sabes que estás convidado a participar na eleição dos melhores romances em língua galega. As bases estão cá. Estaria muito obrigado se, ademais de participares tu, animasses a outros a fazê-lo. Obrigado!

    ResponderEliminar
  2. Pois sí... alegre... uf...

    en fin, os santos están na mente, que lle imos facer...

    ResponderEliminar
  3. Uns nos santos, outros na natureza, outros no dólar,... a maioría da xente precisa crer e encomendarse a algo...

    ResponderEliminar
  4. Cousas q ten a vida...
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  5. Si, concordo, moi alegre. Uf! Os fetiches é o que teñen: que só son fetiches.

    ResponderEliminar
  6. Saiume triste pero é que a vida é así muitas veces e máis con algunhas persoas que parece que están gafadas.
    Procurarei non escribir muitas calamidades que eu tampouco son así.
    Graciñas a todos.

    ResponderEliminar
  7. O importante é que o conductor esté ben... as veces, crer en algo cando parece que nada ten solución é o que nos da a vida.

    ResponderEliminar

És humano ti ?