Páxinas

luns, 18 de xuño de 2007

Interneteando e o meigo


Esta fin de semana tan chuviñenta ( almorzos con xarope de arce e merendas con chocolate ) non deu para paseos reais pero si algúns virtuais. Encantoume a defensa da lingua galega de eunoutrolado. Aprendín algo sobre os nomes dos galegos e ata sobrevoei terras de Arbo gracias ó Youtube.
O Leo tamén aproveitou o tempo para aprender e xa agatuma, ou sexa, arrástase polo chan coma un soldado .
E aquí está na súa bañeira mostrando os sachiños de abaixo. É un meigo ( como di a avoaE ) e tamén é un macaquiño da caixa dos mistos ( como di o avóM ).

15 comentarios:

  1. Mimá, pero que bonitas son esas lorciñas!!! E que ollazos ten o macaquiño da caixa dos mistos! Alédome de que che gustase o dos nomes galegos (pola parte que me toca, que a documentación do gráfico é miña ;))

    ResponderEliminar
  2. Canto te decates xa che anda as mozas, hahaha, espero que teñades un bo vran pra paseares :) Saudos

    ResponderEliminar
  3. hehe, está bonitísimo o leo ;)

    ResponderEliminar
  4. ese rapaciño está rico rico, ¿está sempre a rir ou é que aproveitas para sacarlle a foto sempre rindo?
    en todo caso vese un neno feliz
    unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Ise neno é unha fermosura, acórdame aos meus... aproveitade e disfrutade del todo o que poidades porque, como di an, cando vos decatedes ándavos ás mozas.
    un bicazo para ese Leo tan fermoso

    ResponderEliminar
  6. Vese que lle gusta o baño. Parece un pitiño feliz. :)

    ResponderEliminar
  7. Qué grande e que fermoso está!
    É formidable ver como crece a través da rede...

    ResponderEliminar
  8. a imaxe da felicidade, é o que trasmite a cara iluminada do rapacinho!

    ResponderEliminar
  9. É certo o da aldea global. ¡Quen ía dicir que coñeceriamos as idas e vidas do Leo desde calquera parte do mundo! Aí o está, nos nosos terminais, a sorrir e a encher de ledicia a súa casa e a nosa.
    Unha aperta para un neno feliz e tamén para os seus pais.

    ResponderEliminar
  10. ¡Qué lindo! E ben se ve que se divirte na auga...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  11. Pero que repoludo e de que bo ver esta o Leo.Parabéns

    ResponderEliminar
  12. aproveitai a gozalo, que o tempo pasa voando ;)

    ResponderEliminar
  13. O Leo está cada día máis lindo e máis lindo cada día mellor e mellor como di a canción...

    Beijos x tres.
    :)

    ResponderEliminar
  14. Graciñas polos piropos e os bicos.
    O Leo non ri muito estes días que están os sachos de arriba dándolle a tabarra. Pero aínda saca algún sorriso destes tan meigos.

    ResponderEliminar
  15. É un "bombonazo!" como di a tia blogueira de Bos Aires ;-)) Saúdos aos pais que o fixeron tan guapo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?