Páxinas

sábado, 16 de xuño de 2007

Loa a Ana


Mañá cúmprese un ano da nosa volta dos EEUU. Foron tres anos naquelas terras que quedarán para sempre na nosa memoria. Pasar ese tempo alá e muitas máis cousas débollas á rapaza da foto. Unha rapaza que medrou e que se converteu no motor que saca o que teño de bo e que purra por min. Unha rapaza cariñosa, comprensiva e traballadora coma unha formiguiña. Unha rapaza que quero anque non llo diga a miudo. Unha rapaza que merece un imperio por ser como é. Xa o adiviñaches; esa rapaza é Aniña.

12 comentarios:

  1. !qué bonito! rapaza telo no bote.
    Por certo, teño unha cousiña que vos vai encantar:
    http://amis95.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  2. e esa rapaza ten a gran sorte de ter a un rapaz tolamente perdido por ela. aledame moito ler isto. como di mana: amar es combatir!
    Saudos para os tres!

    ResponderEliminar
  3. Oe, que lindo. Non llo dis a miúdo, pero agora xa o sabemos todos os blogueiros ;) É xenial ter un motor que tire dun cando é preciso. Por moitos anos máis! (aquí, alá e onde faga falta)

    ResponderEliminar
  4. :) ao mellor non llo dis, pero está claro que llo demostras. hoxe bicos para ela!

    ResponderEliminar
  5. Pois dillo máis amiúdo, home, que esas cousas sempre gusta escoitalas. ;)

    ResponderEliminar
  6. Que cousiñas máis bonitas para dicir de alguén, cariñosa, comprensiva e traballadora coma unha formiguiña.

    Non entendo moi ben o cariño con que segues a falar dos USA ;) Imaxino que o tempo me dará outra perspectiva, e tampouco traio eu o bo agasallo voso.

    Pois xa sabes, dalle o imperio do acedre!!!

    ResponderEliminar
  7. El motor...qué hermoso.
    Besos para los 3

    ResponderEliminar
  8. Pois dillo de cando en vez, inda que todo iso que dis dela é porque o sintes ben adentro i eso demóstrase cada día, non fai falla dicilo.
    Noraboa por ser merecedor dunha muller como esa que tes ao teu lado.
    bicos para e para ela, e por suposto para o Leo.

    ResponderEliminar
  9. Moitos bicos para a mai de Leo ( e para volos dous tamén)

    ResponderEliminar
  10. A Aniña cando leu isto dixo: Boh...parviño.

    Graciñas a todos polas vosas palabras e os bicos serán dados.

    ResponderEliminar
  11. Pois hoxe fai algo máis dun ano que me enganchei a ler os teus post. Xa é como se vos coñecera. Un bico.

    ResponderEliminar
  12. Pois agora teño eu curiosidade por saber algo dese anónimo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?