Páxinas

martes, 5 de xuño de 2007

Dez millores romances en galego


Parzival propón no seu blogo unha enquisa interesante. Quere saber cales son os dez millores romances en galego para ti. E aquí están as bases desa enquisa.
A miña lista é esta. Non lin tódolos libros en galego e hai outros que lin pero que non me gustaron tanto. Eu non sei de literatura nin estilos e a miña opinión é simplemente personal. E aí vai a lista de máis a menos.
1- " A vila sulagada " de Daniel Cortezón.
2- " Beiramar " de X. M. Martínez Oca.
3- " Pensa nao " de Anxo Angueira.
4- " Aventuras de Alberte Quiñoi " de Manuel García Barros.
5- " En salvaxe compaña " de Manuel Rivas.
6- " Código morse " de Xavier Alcalá.
7- " Licor de abelá con xeo " de Xurxo Sierra Veloso.
8- " Atuado na braña " de Xabier Quiroga.
9- " Ébora " de Xosé Carlos Caneiro
10- " As crónicas do sochantre " de Álvaro Cunqueiro.
11- " Tres segundos de memoria " de Diego Ameixeiras.

6 comentarios:

  1. Paideleo!

    Muito obrigado. És o primeiro em fazer pública a tua escolha de dez títulos e não tens que te disculpar por nada do que dizes na tua entrada. Precisamente por isso estou tão ilusionado com este projecto: porque tenho a esperança de que saia uma lista dos melhores romances em galego, longe das escolhas académicas baseadas no prestígio acumulado a través de anos e anos e com nulo reflexo na incidência real das obras sobre a gente. Os nomes e os títulos que podem sair disto serão reais. Serão o que os leitores lêem de verdade, por gosto, por recomendação de achegados... e a muitos servir-nos-ão como guia para futuras leituras, que é o que mais me interessa a mim, por ejemplo. Uma espécie de festa das letras; um bookcrossing de referências; um intercâmbio de recomendações, tudo recolhido numa lista tão ampla como poida sair. E sabe-se lá se a coisa não serve para que se fixem nela os autores e as editoriais e se tenha mais em conta o gosto dos leitores no futuro... Sonhar é barato, não é?

    Uma aperta.

    ResponderEliminar
  2. Quédome con Cunqueiro. Calquera cousa escrita por el me fascina...

    ResponderEliminar
  3. Fáltanme por ler varios da túa lista... haberá que probar :)

    ResponderEliminar
  4. Agradézoche moito que inclúas o meu licor na túa lista. De feito, agora que o penso, é un dos eloxios máis fermosos (e creo que inmerecidos) que recibiu calquera das cousas que escribín.

    ResponderEliminar
  5. A miña lista é persoal e quedan fóra muitas obras que merecerían estar na lista.
    Cunqueiro encántame pero "Xente de aquí e acolá", "Escola de menciñeiros" e "Os outros feirantes" non son romances.
    Xurxo Veloso: mereces estar nesa lista ( segundo o meu punto de vista ).
    Graciñas a todos e non tomedes esta lista coma un auto de fe sen remisión.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu concordo cen por cento con Pensa nao, de Anxo Angueira e con Licor de abelá con xeo, de Xurxo Sierra Veloso. Co resto non o sei porque non as lin pero ando a voltas co listado...

    ResponderEliminar

És humano ti ?