Páxinas

luns, 16 de xullo de 2007


Hoxe foi un día rarísimo cun tempo tolo. Tanto chovía como caían lancetas de sol. Houbo un momento que facía sol e chovía e lembrei o que dixera un home da Caniza cando saía do bar da miña sogra un día coas mesmas características. Dixo: " chove e fai sol: están as bruxas a peinarse ". Esta frase encantoume. Co esta frase di que pasa un acontecemento rarísimo como unha bruxa que se peitea. Rarísimo e carregado de expresión.
Busquei esa expresión en internet e topei dúas variantes: " cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol " e outra que se di polas Neves: " cando chove e fai sol vai casar a raposa ".
En fin, expresións que me pareceron cheas de significado e cun toque poético...se pode haber poesía na chuvia en pleno verán.

6 comentarios:

  1. outra expresión para aconteceres extraordinarios é a de "vai morrer o demo!"

    ResponderEliminar
  2. Eu a version coñecia un pouco mais extendida. 'Cando chove e fai sol, vai o demo pa Ferrol, cunha caixa de alfileres, para espetarlle no cu as mulleres, e cunha caixa de tenedores, para espetarlle no cu os señores' Deciamo meu avó cando era unha nena, non sei se o dito era así, ou se o recitaba para facerme rir.

    ResponderEliminar
  3. E na terra de meu pai di-se que quando chove e dá o sol casa o lobo coa raposa. :)
    [ ;) Tanta familiaridade vai-me matar! :D Que graça!]

    ResponderEliminar
  4. Eu de pequena estaba segura de que os días de chuvia casaba unha muller vella. Cando menos, iso nos dixeran ás nenas do meu tempo e ainda hoxe, mira ti, atopome lembrando diso nos raros dias de sol e chuvia. Agora, tamén podo engadir o das bruxas!

    ResponderEliminar
  5. "cun saquiño de alfileres pra picarlle as mulleres e os homes nón, porque teñen moita razón" dise por aquí.

    ResponderEliminar
  6. Pois si que hai variedade !.
    Eu non coñecía as versións que dades.
    Coñecía o da Arxentina que din que se casa unha vella. En Honduras din que " parió la venada ".
    Graciñas pola visita e as aportacións ó tema tratado.

    ResponderEliminar

És humano ti ?