Páxinas

domingo, 22 de xullo de 2007

Quilómetros e quilómetros


O Leo foi o xoves a Culleredo e Ana tivo que mercar unha saia que se puxo coma un pito coa chuvia. Venres á mañá tocou visita á pediatra que o Leo tiña un ollo mal supostamente por algún golpe con algún xoguete. Pola tarde fixemos fotos do Leo en papel. Á tardiña TioNan mercou El Jueves apesares da proibición que había sobre a venda da revista. A cea foi de empanada de zamburiñas. Á noite o Leo durmiu mal por mor dos dentes de arriba. O sábado o Leo estivo por Marín e Beluso con Cris e Toño e o domingo foi a Arbo. O camiño de volta foi con chuvia, por non variar.

8 comentarios:

  1. Pois que teña coidado o TioNan, que como se enteren que mercou a revista ....

    ResponderEliminar
  2. Agardo que se poña ben o vos pequeno, para poder ver con eses enormes ollos todo o que os seus viaxeiros pais lle teñen que mostrar...

    Respecto de El Jueves, que garde a revista, que seica se cotiza que non vexas...Apretas para os tres.

    ResponderEliminar
  3. Aquí dise que está o tempo criador. Co Jueves, nunca creín que os cda Casa Real iban "traballar tanto" coma pra secuestar a revista. Pais de locos e xusticia carca e franquista.

    ResponderEliminar
  4. O Leo paseando por Beluso e eu sen velo. Dende logo... XDD

    1bico grande.

    ResponderEliminar
  5. Ese Jueves consérvao en formol, que de seguro marcará dalgún xeito un antes e un despois.
    Que o Leo poida lelo (cos olliños ben xa) e saiba que cando el era neno, 30 anos despois de que caera unha dictadura, aínda seguía a "haber clases" neste país.

    ResponderEliminar
  6. ...a chuvia... Vai resultar que somos anfibios, de verdade...

    Grazas polos ánimos ;)

    ResponderEliminar
  7. Graciñas polos comentarios.
    O Leo segue co ollo vermello pero supoño que será normal.
    TioNan aínda non foi ó cárcere e espero que non vaia.

    ResponderEliminar
  8. Se as fotos son quen de atrapar tanta ledicia e fermosura é porque sodes guapos e unhas personas lindísimas! Apertas moitas! xa nos coñeceremos a próxima vez.

    ResponderEliminar

És humano ti ?