
O sábado fomos xantar a Pías co avóP e a avoaE e tamén estaban tíoNe, tíaRo e Fiz. Non estaban a tía Kasege e o tíoNan porque había un campionato de birlos. O Leo pasouno ben e arrincou herbeiras todo cheo de razón.
O domingo fomos a Arbo e, mentres o Leo durmía a súa sesta, eu buscaba abesouros entre o tromentelo pero non había. Supoño que sería por estar o día anubado. Máis tarde Ana máis eu fomos á fonte do Enxeño e ós muiños da Rocha. Logo tocou librar o canastro de millo que van alaghalo ( tiralo ). E á tardiña tocou a volta a casa co mal tempo que fai tódolos domingos deste verán.
Adeus ó canastro de cemento: pouca vida lle queda !.
bonito lugar, a ver cando vides por aquí! o outro día estiven en Acedre e o pasar por onda a casa de teu avó lembreime de ti. Dixenme "as voltas que da a vida, de acedre ao porrinho.."
ResponderEliminarunha aperta!
Fermosas fotos...
ResponderEliminarNon sexa tan pesimista que non lle queda pouca vida aos canastos, eu máis ben penso que se están "reciclando". Por exemplo unha amiga miña ten un e o emprega para secar a roupa...
Xa o din os de Ikea: "redecora tu vida".
Vexo que o pasades que nindiola. e nós que o compartimos.
ResponderEliminarA verdade é que non parades...
ResponderEliminarMoita enerxía desplegades!!.
Unha aperta.
:)
Coincido con Marinha, tendes unha enerxía envexable. A caída do canastro fíxome lembrar a demolición do histórico "canastro das ánimas" da parroquia de San Salvador de Penosiños (á que pertence Silvaoscura). Botárono abaixo, seica, para facilitar as manobras dos coches... O caso é que estaba nun lugar ao que nunca accede coche ningún. En fin, sómosche así de previsores. Saúdos.
ResponderEliminarummmm, canto tempo sem as relembranças do milho!!!, hai cousas ás que dá gusto voltar
ResponderEliminarVoume repetir: pasádelo de medo de aquí para alí!
ResponderEliminarNon foi tan movida a fin de semana como pensades. Foi un paseo.
ResponderEliminarO canastro de cemento cai pero van colocar un de pedra no sitio.