Páxinas

martes, 24 de xullo de 2007

Operación máxica


TioNan estivo de cumpreanos. Estudiou económicas así que seguro que lle gusta este xogo.
- Pensa un número do 1 ó 9.
- Multiplícao por 9.
- Suma os díxitos resultado desa multiplicación.
- Réstalle 5.
- Colle o alfabeto e colle a letra que coincida con ese número. Ex: A é 1, B é 2, C é 3, D é 4, etc.
- Pensa un país que empece por esa letra.
- Colle a segunda letra dese país e pensa un animal que empece por esa letra.
Solución nos comentarios.

13 comentarios:

  1. Hipopótamo escríbese con H.
    Que curioso. En Dinamarca non hai iguanas.

    ResponderEliminar
  2. Abraiada. Eu tamén ía falar das iguanas de Dinamarca. Xa lle pillei o truquiño ao xogo. Alguén haberá que diga Djibouti, non? ;)

    ResponderEliminar
  3. Certo, hipopótamo é com h e iguana nem me passou pola cabeça.
    Pero iltis em alemám é furom. :D

    ResponderEliminar
  4. buf, que rollo. :s :s sinto animadversión polo números.

    fELICIDADES ó "afectado". Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Ti es medio mago, Acedre... ou medio meigo?

    ResponderEliminar
  6. eu vexo mais de dous números xuntos e dame o vértigo, pido papas!, :P

    ResponderEliminar
  7. Estaba pensando nas iguanas de Dinamarca. Non vou tratar de entender o truco, non vaia ser que me caia o pouco pelo que aínda teño. Con retraso, pero feliz día da Patria para ti e para todos os teus.

    ResponderEliminar
  8. Tío, Tío, Tío... Cacheino. Gracias por esperarme.

    ResponderEliminar
  9. Eu non o lembraba así, senón algo como os xabaríns de Irlanda, aínda que seguro que sempre o fixen mal.

    ResponderEliminar
  10. Eu pensara no Ibis :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?