Páxinas

xoves, 2 de agosto de 2007

Cal moza é a avoaE ?



Esta foto foi tirada na rúa do Príncipe en Vigo hai unha chea de anos. Alí había un fotógrafo e raro é o vigués daquela época que non teña unha foto feita aquí. A foto gústame pola frescura que desprende e o guapa que sae a avoaE. Adícolle esta foto porque onte estivo de cumpreanos.

Unha adiviña; sabendo que a avoaE era a máis guapa do grupo sabes cal delas será ?. Podes ampliar a foto clicando nela.

12 comentarios:

  1. Vaia, parece que son a primeira, que difícil adiviñar pero voume tirar da moto a ver se atino. A min paréceme que a máis guapa é a do pano na cabeza. Acertei?
    Gústame o teu blog e as fotos que pos son moi chulas. A que máis me gusta? Ese neno repoludo sentado na area. Parece moi satisfeito. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. eu non concordo con Rosa, diría mais ben a que está xusto no medio da imaxe co paraugas na man.
    Ainda que ese peiteado...

    Acedre, quedo moi intrigado por saber cal é a resposta axeitada...

    ResponderEliminar
  3. Por parecidos, eu diría que a do medio, dacordo con gahnito, a do peiteado "chulo". Crispress.

    ResponderEliminar
  4. Eu diría que a do medio, a do pelo cardado é a máis guapa... Pero para non esquecer tampouco a cara e o sorriso de moza galega da que está á dereita de todo!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. A min tamén me parece a do medio, a do cardado, pero todas son guapas, caraina. É difícil escoller.

    ResponderEliminar
  6. Pois é uma adivinha doada: é a mais guapa. 'Ta claro!

    ResponderEliminar
  7. Pois eu concordo com rosa enriquez. A do pano na cabeça. :P

    ResponderEliminar
  8. O mais importante da foto é, que absolutamente todas rin. Cars de felicidade.

    ResponderEliminar
  9. Pois si que é guapa a avoaE. ¿Sería casualidade que a puxesen no medio? A pose e o sorriso de todas son magníficos. A foto ten moito "charme".
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  10. Nin idea, pero cantas rapazas xuntas...!!!

    ResponderEliminar
  11. Pois eu penso que a do medio, pareceste bastante e se non a segunda empezando pola dereita...
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  12. ainda que todas elas son guapas, eu digo a do medio... Pero non me fagades caso, sempre perdo nestas cousas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?