
Esta foto foi tirada na rúa do Príncipe en Vigo hai unha chea de anos. Alí había un fotógrafo e raro é o vigués daquela época que non teña unha foto feita aquí. A foto gústame pola frescura que desprende e o guapa que sae a avoaE. Adícolle esta foto porque onte estivo de cumpreanos.
Unha adiviña; sabendo que a avoaE era a máis guapa do grupo sabes cal delas será ?. Podes ampliar a foto clicando nela.
Vaia, parece que son a primeira, que difícil adiviñar pero voume tirar da moto a ver se atino. A min paréceme que a máis guapa é a do pano na cabeza. Acertei?
ResponderEliminarGústame o teu blog e as fotos que pos son moi chulas. A que máis me gusta? Ese neno repoludo sentado na area. Parece moi satisfeito. Un saúdo.
eu non concordo con Rosa, diría mais ben a que está xusto no medio da imaxe co paraugas na man.
ResponderEliminarAinda que ese peiteado...
Acedre, quedo moi intrigado por saber cal é a resposta axeitada...
Por parecidos, eu diría que a do medio, dacordo con gahnito, a do peiteado "chulo". Crispress.
ResponderEliminarEu diría que a do medio, a do pelo cardado é a máis guapa... Pero para non esquecer tampouco a cara e o sorriso de moza galega da que está á dereita de todo!
ResponderEliminarBicos!
A min tamén me parece a do medio, a do cardado, pero todas son guapas, caraina. É difícil escoller.
ResponderEliminarPois é uma adivinha doada: é a mais guapa. 'Ta claro!
ResponderEliminarPois eu concordo com rosa enriquez. A do pano na cabeça. :P
ResponderEliminarO mais importante da foto é, que absolutamente todas rin. Cars de felicidade.
ResponderEliminarPois si que é guapa a avoaE. ¿Sería casualidade que a puxesen no medio? A pose e o sorriso de todas son magníficos. A foto ten moito "charme".
ResponderEliminarSaúdos.
Nin idea, pero cantas rapazas xuntas...!!!
ResponderEliminarPois eu penso que a do medio, pareceste bastante e se non a segunda empezando pola dereita...
ResponderEliminarBqñs.
ainda que todas elas son guapas, eu digo a do medio... Pero non me fagades caso, sempre perdo nestas cousas.
ResponderEliminar