
Estamos con reformas na biblioteca da casa e entre libros e trangalladas descubro papeis que cría perdidos. Un deles é esta caricatura que ma fixo un mudo hai once anos. Eu estaba nunha cafetería e apareceu o home co seu bloc e utensilios para debuxar. Ofrecía facer caricaturas por cincocentas pesetas. Eu non tiña ningunha caricatura miña e dispuña de media hora e tamén desas cincocentas pesetas así que me ofrecín para que ma fixera. Fíxoma, leveina a casa todo gabacho e coas mudanzas e o paso do tempo rematou por desaparecer ata que estes días a volvín descubrir. Gustaríame conservala porque segue sendo a única caricatura miña que teño e porque César, o caricaturista, pode que un día se faga famoso e obras asinadas por el adquiran gran valor...Nunca se sabe...
Xa o apuntaba CASTELAO, UNHA CARICATURA NON TEN POR QUE SER MÁIS CRUEL QUE UN RETRATO, OU ALGO ASÍ :-)
ResponderEliminarQUEDACHES MONITO.
APERTAS DE BIMBIO.
Habria que comparala cunha foto de aquelas. Ainda que seguramente non sexa necesario e se asemelle bastante a realidade.
ResponderEliminareu teño unha caricatura miña :) enmarqueina e agora loce e mar de ven diante da miña mesa de trasparencias...eu tamen ando a cismar sobre o asunto da miña libraria...o mellor fago uns cantos arranxos que xa non teño onde meter nadiña. GRazas polos teus animos. Un pracer leelos no me caderno. Apertas e milleiros de grazas
ResponderEliminarPareces unha mestura de Espinete e Yola Berrocal. Consérvaa ben e a medida que che vaia caendo o pelo apreciarás o seu valor.
ResponderEliminarÉ broma, está moi ben.
pois saiches moi ben!!!! eu teño unha tamén que ma fixo un artista que admiro e quero, chamado Hermenegildo Sábat. E gustame moito porque concentra todos os meus defectos pero dun xeito agarimoso.
ResponderEliminarVisto o visto e ca ricura de meniño que podemos apreciar no post anterior, non se pode dicir aquelo de "tal palo tal astilla"
ResponderEliminarjejejeje. Saudos
pois como mínimo merece un marco
ResponderEliminar