
Hoxe este blogo fai un ano. E para celebralo poño a foto dun codeso en flor que para iso esta é a época de floración. Os codesos viven xuntos coas xestas pero botan flor máis tarde que as xestas.
Cambiando de tema; hoxe fomos á praia contra a tardiña e o primeiro que facemos sempre é ver se a marea sobe ou baixa para pórnos no límite que marcan as algas secas. A marea subía e por baixo do límite había dúas parellas de turistas que non sabían que a marea lles viña enriba. En detalles coma este, aparte do socate, distingue un se a xente é turista ou non. E unha diversión tonta que teño é esperar que a marea suba e molle as toallas dos despistados. E iso que a marea vai avisando que sobe !.
Parabens por ese cumpleanos.
ResponderEliminartruquiños que ten un, vantaxes de ser atlántico. ;)
ResponderEliminarOnte eu tamén fun a praia, e vin a un pai comportándose co seu fillo como seguramente faga vostede co seu Leo. Caiume a baba.
Un bico grande.
Parabéns meu, neste ano quedou claro que no vello blogue non entrabamos só para descubrir cousas dos EUA, senon polo xeito tan marabilloso de contalo todo, aquilo antes e isto agora.
ResponderEliminarUnha aperta e a ver cando coincidimos en persoa de novo!
Eu xa enlacei aquí... hai xa un ano?... vaia, que curto se fixo, :)
ResponderEliminarParabens paideleo...pola renovación do seu contrato (minimo 1 ano mais) pra poder seguir desfrutando coas súas historias.Apertas
ResponderEliminarQue rápido pasou!
ResponderEliminarParabéns polo aniversario.