A lúa estaba minguante esta fin de semana e tocou embotellar un pouco de viño albariño, de híbado e tinto.

A encorchadora levou bo ritmo e as botellas foron xuntándose.


As rollas eran portuguesas que para iso son os principais productores de corcho do mundo e o viño levou con orgullo a rolla co lema " vinho de lavrador "... un viño de casa, fresco, afrutado e sen artificios; o digno premio a un ano de traballos e suores.
aqui son canaos de vinho... pero non che sei dicir moito ben como era a medida.... si eso das luas moi mitico para trasfegar ou andar co vinho.. Agora a bebelo!!!
ResponderEliminarSaúdos!1
A ver que pasa este ano, que máis ben parece que traballos e suores, os mesmos de sempre, pero premio vai quedar pouco.
ResponderEliminarPor certo, embotellar e corchar é un traballo agradable, pero lavar botellas...
ResponderEliminarQue preste!
ResponderEliminarPois ahora toca disfrutalo.
ResponderEliminarEu quero...
ResponderEliminariso, iso, e saúde para todos!
ResponderEliminarHaberá que desfrutalo e que conste que o máis do traballo o leva o avóM e non eu.
ResponderEliminarHai que embotellar o que queda, e bebelo que pronto chega a vendima e hai que ter a adega a punto.
ResponderEliminarHaber este ano, con este tempo e o mildeu non sei. Haberá que coller o que veña.
Saudos