Páxinas

domingo, 12 de agosto de 2007

Embotellando II

A lúa estaba minguante esta fin de semana e tocou embotellar un pouco de viño albariño, de híbado e tinto.
A encorchadora levou bo ritmo e as botellas foron xuntándose.

Libramos dous bocois e unha pipa pequena. Pasaron máis de cen cabazos ( 20 litros ) coma o da foto.


As rollas eran portuguesas que para iso son os principais productores de corcho do mundo e o viño levou con orgullo a rolla co lema " vinho de lavrador "... un viño de casa, fresco, afrutado e sen artificios; o digno premio a un ano de traballos e suores.

9 comentarios:

  1. aqui son canaos de vinho... pero non che sei dicir moito ben como era a medida.... si eso das luas moi mitico para trasfegar ou andar co vinho.. Agora a bebelo!!!
    Saúdos!1

    ResponderEliminar
  2. A ver que pasa este ano, que máis ben parece que traballos e suores, os mesmos de sempre, pero premio vai quedar pouco.

    ResponderEliminar
  3. Por certo, embotellar e corchar é un traballo agradable, pero lavar botellas...

    ResponderEliminar
  4. iso, iso, e saúde para todos!

    ResponderEliminar
  5. Haberá que desfrutalo e que conste que o máis do traballo o leva o avóM e non eu.

    ResponderEliminar
  6. Hai que embotellar o que queda, e bebelo que pronto chega a vendima e hai que ter a adega a punto.
    Haber este ano, con este tempo e o mildeu non sei. Haberá que coller o que veña.
    Saudos

    ResponderEliminar

És humano ti ?